A SELECCIÓN ESPAÑOLA CONCENTRARÁSE NO HOTEL PAZO DOS ESCUDOS EN VIGO E, PARA O SEU PARTIDO EN PONTEVEDRA O 7 DE SETEMBRO, TERÁN PREFERENCIA OS 2.500 SOCIOS DO CLUBE LOCAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 19 de julio de 2012

A SELECCIÓN ESPAÑOLA CONCENTRARÁSE NO HOTEL PAZO DOS ESCUDOS EN VIGO E, PARA O SEU PARTIDO EN PONTEVEDRA O 7 DE SETEMBRO, TERÁN PREFERENCIA OS 2.500 SOCIOS DO CLUBE LOCAL


A Selección Española de Fútbol, que inaugurará o Estadio de Pasarón o vindeiro venres 7 de setembro cun partido frente a Arabia Saudita ás 22 horas, chegará o día antes, pola mañá, ao aeroporto de Peinador (Vigo), cidade na que se concentrará no Hotel Pazo dos Escudos. Ese mesmo día, Del Bosque e dous xogadores ofrecerán unha Rolda de Prensa no Pazo Provincial e pola tarde terán lugar os entrenamentos oficiais de ambas seleccións, de 19 a 21 horas.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e Miguel Angel López, coordinador de partidos da Selección, mantiveron _con outros diversos técnicos e o presidente do Pontevedra F.C._ unha xuntanza de traballo na sede da institución provincial para concretar diversos detalles do partido.

Entre eles, acordaron que os 2.500 socios do Pontevedra F.C. gocen de preferencia na venta de entradas. Polo de agora non se concretou a mecánica desa venta pois será a Federación a que ultime as decisións. O campo tén un aforo de 11.000 espectadores. Poñeránse á venta todas as entradas coa devandita preferencia dos socios do Pontevedra F.C. e os compromisos que a Federación tén adquiridos cos patrocinadores do equipo nacional. O coordinador da Federación asegurou que sairán á venta a finais de agosto ou primeiros de setembro. Os prezos ainda están por definir pero Miguel Angel López dixo que estarían na liña dos partidos que organiza a Federación: arredor de 30 euros a máis barata.

Louzán anunciou tamén que a estancia da Selección en Pontevedra acarreará diversos actos deportivos e sociais os días previos. Entre outros, haberá unha exposición de diversos stands na avenida de Montero Ríos aos que acudirán algúns xogadores para contacto co público, exhibiránse as tres copas gañadas pola Selección recientemente no hall da Deputación, terán lugar diversas actuacións, etc.

O presidente provincial afirmou tamén que os obxectivos marcados esta ban cumplidos _inaugurar o campo, buscar beneficios para o Pontevedra F.C e dar notoriedade á cidade e á provincia_ estaban conseguidos e asegurou que a Deputación e o Concello estaban na mellor disposición para que nada fallase. O coordinador da Selección afirmou que o terreo de xogo e o Estadio estaban en perfectas condicións. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes de Pontevedra sinalou que a actuación exterior que corresponde facer ao Concello non sería a definitiva ainda que sería digna. Anunciou tamén que se habilitarían aparcamentos e tal vez unha reordenación do tráfico naquelas datas.

Louzán destacou a alta importancia e repercusión socio-económica e laboral do partido pois, según dixo, posibilitará alargar a tempada turística de verán xunto cos tres días da Volta a España na provincia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario