As persoas que participen na iniciativa poderán dispoñer de toda a información na páxina de facebook do evento, Barro de Tapas, http://www.facebook.com/pages/
Para facer máis fácil o acceso aos locais adheridos, as fotos dos pinchos, enderezos, horarios, etc, os carteis anunciadores, estará insertado un código QR, que permitirá que as persoas participantes accedan dende os seus móviles a toda a información.
Dentro desta iniciativa farase un sorteo dunha estancia con cea romántica no Hotel Quinta de San Amaro de Meaño a aquelas persoas que completen unha ruta proposta.
Participan nesta iniciativa colaborando cos seus viños as adegas de Barro, Casaley e Moraima. Tamén participará a adega que obtivo o primeiro premio da Festa do Viño 2011, Pazo da Bouciña
Esta iniciativa pioneira no Concello de Barro, sendo a primeira destas características, é unha das distintas que a AC "Amigos da Fervenza da Barosa" vai levar adiante, cumplindo así coas directrices fundacionais da Asociación, que xirarán na promoción turística do Concello de Barro, da súa gastronomía, da súas paisaxes, e do seu patrimonio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario