·
As unidades móbiles do CTG
visitarán preto de 40 concellos nos vindeiros sete días para aumentar a
participación dos doadores e doadoras, nunhas datas nas que aumenta a
demanda de compoñentes sanguíneos por mor
dos accidentes de tráfico
Santiago de Compostela, venres 30 de novembro de 2012.-
A campaña de doazón de sangue, que desenvolve a Consellería de Sanidade
por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), refórzase nas
xornadas previas aos festivos de decembro
en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por
parte dos centros sanitarios galegos.
Lamentablemente, os meses de verán, o Nadal e as
pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de
compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, xa que
nestas datas increméntanse as urxencias derivadas
dos accidentes de tráfico. Ademais, no meses de outono e inverno, as
inclemencias meteorolóxicas dificultan en gran medida o desenvolvemento
das campañas de doazón de sangue.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo
dos vindeiros sete días, preto de 40 concellos galegos para acadar a
participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor
asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada
día, precisan 500 doazóns de sangue.
O CTG agarda novamente contar coa participación dos
cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer
as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez
unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes
visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Sábado 1 de decembro
|
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Bertamiráns (Ames), Praza de Armas (Ferrol), Rúa do Paseo (Ourense) e Redondela
|
Luns 3 de decembro
|
Arteixo, Barrio Elviña
(A Coruña), Barrio Caranza (Ferrol), A Picota (Mazaricos), Praza Roja
(Santiago), Alfoz, Barrio Mariñamansa (Ourense), Lalín, Porriño e Zona
As Travesas (Vigo).
|
Martes 4 de decembro
|
As Pontes, Betanzos,
Coristanco, Esteiro (Muros), Pobra do Caramiñal, Foz, O Carballiño,
Lalín, Porriño e Zona As Travesas (Vigo).
|
Mércores 5 de decembro
|
As Pontes, Betanzos, Carballo, Sigüeiro (Oroso), Ribeira, Viveiro, O Carballiño, Cangas do Morrazo, Cuntis e Tameiga (Mos).
|
Venres 7 de decembro
|
Carballo, Carnota, Cedeira, Laxe, Ribeira, Ribadeo, Verín, Cangas do Morrazo, Marín e Moaña.
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18
anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido
enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A
doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas
persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario