Barro recibirá 180.994 € do PID da Deputación Provincial
OS CONCELLOS DE PONTEVEDRA PRESENTARON AO PLAN DE INVESTIMENTOS 265 PROXECTOS POR 12 MILLÓNS (75% DO PLAN) E DESTINAN A PAGAR DÉBEDAS E GASTO CORRENTE 4 MILLÓNS (25%)
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou esta mañá ós 265
proxectos que 60 concellos da provincia presentaron ao Plan de Inversións
dotado este ano 2012 cunha contía de 18 millóns de euros. Segundo explicou
Louzán os 265 proxectos presentados suman unha contía de máis de 12 millóns de
euros e supoñen o 75% do Plan.
Segundo explicou o titular da entidade provincial “déuselles a
oportunidades ós concellos de destinar un máximo do 30% do orzamento ó pago das
débedas que tivesen contraídas con acredores, entidades bancarias ou
institucións, así como para gasto corrente (luz, auga,
electricidade, recollida de lixo..). Sen embargo, os concellos só solicitaron 4 millóns de euros, o que supón
o 25%.
Rafael Louzán, destacou sobre este respecto que “este plan permítenos saber
cal é a situación económica real de cada un dos concellos e a pesar da difícil
situación e da posibilitade de ter solicitado ata un 30% só solicitaron o 25% o
que nos da a entender que hai unha situación de saneamento importante”, comentou,
tras explicar que os concellos en todo caso teñen que xustificar as débedas que
pretenden cubrir con estes fondos da Deputación.
Deste xeito, dos 18 millóns de euros, 12 irán dirixidos á execución de 265
proxectos de obra; 4 millóns ó pago de débedas dos concellos; e os 2 millóns de
euros que restan ata sumar a cantidade total, explicou Louzán, “destinaranse a
premiar a aqueles concellos que apostaron pola inversión fronte o gasto
corrente, pago de débedas e acredores, e que non o necesitan pola súa boa
xestión”. Tamén, dixo, á posta en marcha de proxectos de ámbito supramunicipal;
e finalmente, tamén ós concellos que trasladen a xestión de servizos municipais
ás novas plataformas de xestión que lidera a Deputación para optimizar recursos
e gastos para concellos e cidadáns (Bombeiros, lixo, etc.).”.
En todo caso, a institución priorizará os proxectos que favorezan as condicións para a recuperación económica,
para unha estratexia de crecemento, que supoñan inversións produtivas e que
sirvan para a recuperación medioambiental e patrimonial.
Tipoloxía das obras
solicitadas
As obras que propuxeron por parte dos 60 concellos partícipes do Plan de
Investimentos da Deputación son fundamentalmente para a execución de obras de
saneamentos no rural e servizos básicos; humanizacións e melloras de seguridade
vial; obra de abastecemento; mellora de rúas;
rehabilitacións de edificios; urbanizacións; sendas medioambientais;
adquisición de equipos informáticos; camións; melloras en mercados e locais,
actuacións de aforro enerxético, obras civís, etc.
Rafael Louzán, calcula que este plan posibilitará a ocupación de 1.000
postos de traballo no ano 2013 o que, destacou que tamén contribuirá a manter a
actividade económica nestes municipios.
Cumprir a Lei de Morosidade
“En definitiva non queremos que a crise non paralice o investimento
público; queremos favorecer as condicións para a recuperación económica; e
manter o nivel de infraestruturas e de servizos básicos que teñen os
concellos”, aseverou o presidente.
Finalmente, o titular da Deputación avanzou que a Deputación se van a poñer
en marcha todos os mecanismos para acelerar
a concesión destas axudas e a contratación das mesmas “para que os
concellos paguen antes do 31 de decembro as súas débedas e cumpran así a Lei de
Morosidade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario