O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CONVIDA AOS ESTUDANTES A PARTICIPAR NA RECTA FINAL DA CAMPAÑA DE DOAZÓN NAS UNIVERSIDADES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 26 de noviembre de 2012

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CONVIDA AOS ESTUDANTES A PARTICIPAR NA RECTA FINAL DA CAMPAÑA DE DOAZÓN NAS UNIVERSIDADES

·                    No transcurso do pasado curso académico 2011-2012, rexistrouse unha diminución do 8,7 por cento nas doazóns recollidas nos sete campus galegos

Santiago de Compostela, venres 23 de novembro de 2012.- O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desenvolverá, no transcurso das vindeiras semanas, a última etapa da primeira fase da campaña de doazón de sangue nas universidades galegas, co obxectivo de incrementar a participación deste colectivo.

Durante o pasado curso académico 2011-12, houbo 6.502 doazóns de sangue nas tres Universidades galegas, o que supuxo un descenso do 8,7%  respecto ao curso anterior. Esta cifra supuxo acadar unha taxa de 99 doazóns por cada 1.000 alumnos e ano, índice que duplica a media de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde e da taxa media de Galicia.

Desprazamentos
O Centro de Transfusión de Galicia fai un chamamento á comunidade universitaria, xa que a participación ten retrocedido con respecto ao curso anterior, polo que o CTG reforzou a presenza das unidades móbiles nos sete campus galegos, para aumentar as facilidades para doar. Para iso, lembra que as unidades móbiles do CTG efectuarán os seguintes desprazamentos:

Data
Centros docentes
Martes 27 de novembro
Facultade de Económicas e Empresariais (A Coruña)/ Facultade de Medicina (Santiago)/ Facultade de Veterinaria (Lugo)/ Facultade de Belas Artes e Restauración (Pontevedra)/ EU Enxeñaría Técnica e EU Empresariais (Vigo)
Mércores 28 de novembro
Facultade de Económicas e Empresariais (A Coruña)/ EU Politécnica (Ferrol)/ Facultade de Filoloxía (Santiago)/ Facultade de Veterinaria (Lugo)/ EU Enxeñaría Técnica e EU Empresariais (Vigo)
Xoves 29 de novembro
Facultade de Económicas e Empresariais (A Coruña)/ Facultade de Humanidades e EU Deseño Industrial (Ferrol)/ Facultade de Filoloxía (Santiago)/ Facultade de Ciencias (Lugo)/ Facultade de Filoloxía e Tradución (Vigo)
Martes 11 de decembro
Campus A Zapateira, diante da parada de bus (A Coruña)/ Facultade de Bioloxía e Matemáticas (Santiago)/ Biblioteca Central (Lugo)/ Campus Ourense diante dos edificios das facultades (Ourense)/ CUVI (Vigo)
Mércores 12 de decembro
Campus Elviña, na rotonda de Socioloxía (A Coruña)/ Campus Norte, diante da Facultade de Medicina (Santiago)
Xoves 13 de decembro
Campus Sur, diante da Facultade de Dereito (Santiago)


Unha necesaria colaboración
A Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia lembran que, a participación dos estudantes galegos nas campañas de doazón de sangue, foi decisiva na positiva evolución deste xesto solidario na nosa Comunidade Autónoma, que rexistra taxas de doazón que se atopan dentro dos índices recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

O CTG lembra que, nestas semanas, tamén é posible doar sangue nos sete locais de atención ao doador das sete grandes cidades galegas e as unidades móbiles do CTG continúan tendo presenza en concellos das catro provincias. Para coñecer ónde é posible

No hay comentarios:

Publicar un comentario