Custo.- Federado Club e nenos <15 2,00 €
Socio club 5,00 €
Non Socio 10,00 €
Inscricións.- Por correo-e, enviando os datos do nome, d.n.i., data nacemento, teléfono e si se é socio ou federado a: cmponte@gmail.com ou no club en horario de oficina, ata o xoves día 4 de novembro, para formalizar a inscrición e reservar a praza, se deberá ademais, ingresar na conta de Nova Galicia Banco nº 2080 5403 40 3040118709 indicando o nome da persoa ou persoas inscritas, ou pagar na oficina o importe da cota correspond
ente.
A inscrición inclúe organizador, desprazamento en autobús e seguro para os non federados.
Xuntanza Obrigada.- Xoves 15 ás 21:00 h na oficina do club
MATERIAL.- Calzado impermeable, roupa de abrigo e chuvasqueiro, gorro, viseira, comida e auga para todo o día.
Desenvolvemento.- Deixaranos o bus, xunto ó santuario de Nosa Señora dos Milagres de Amil, curiosa igrexa de planta octogonal que podemos visitar. Camiñaremos 1 km por asfalto ata San Mamede de Amil, que ten un curioso conxunto de igrexa, cruceiro e peculiar casa do cura. Aí colleremos un ramal cara ó leste que vai subindo á serra entre pinares e carballos, ata o Outeiro Grande onde colleremos un cómodo camiño case chan, que cruza a serra de noreste a suroeste. Asomaremos en varios sitios a ver as vistas de pinares, fragas e veigas, mentres cruzamos serra de lobos, xabaríns, corzos e garranos (cabalos salvaxes) Faremos un alto en Campo de Fragas, unha chan brañenta, coñecida tamén por A Armada, pois era tradicionalmente lugar de cacerías de cervos e cabalos con redes (armadas). Actualmente xúntanse aí numerosos cabalos bravos para o curro de Amil. Se o tempo o permite, antes de comer daremos unha volta ó monte de Armada e a Anduriña, que teñen unhas magníficas vistas cara ó Lérez. Pretendemos chegar a comer ás brañas de Amil, lugar onde se celebra o curro, que en caso de chuvia, ten un porche que nos permitirá estar algo cómodos. De novo: se o tempo o permite ó cumio do Acibal, que atopase a media hora das brañas, e de aí voltaremos a Amil, procurando evitar a estrada na medida que poidamos.
lunes, 12 de noviembre de 2012
New
O Clube de Montañeiros de Pontevedra organiza un roteiro polo Acibal-Barro o domingo 18 de novembro.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
montaña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario