Aprobado polo Pleno deste Concello en sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2012 o prego de
claúsulas económico administrativas que regulará o contrato de aluguer do albergue municipal deste
Concello, anúnciase a licitación coas carácterísticas que se sinalan:
1.—OBXECTO DO CONTRATO
Arrendamento mediante procedemento aberto do aluguer do edificio do albergue municipal, sito en
Cancela-Portela.
2.—TIPO DE LICITACIÓN
Estipúlase o importe dun aluguer de 10,00 euros mensuais, sen IVE.
3.—DURACIÓN DO CONTRATO
O contrato terá unha duración de dous anos, prorrogable por anualidades.
4.—GARANTÍAS
Provisional 20,00 euros. Definitiva: 300,00 euros.
5.—PROPOSICIÓNS
As proposicións presentaranse nas oficinas municipais no prazo de vinteseis días naturais (26), a
contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, en horario
de 9:00 a 15:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 14:00 horas os sábados.
6.—DOCUMENTACIÓN
Os licitadores, xunto coa súa proposición, aportarán a documentación a que se refire a claúsula 9 do
Prego de Condicións.
7.—APERTURA DE PLICAS
Terá lugar no Salón de Actos deste Concello ás 13:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate
do prazo de presentación de proposicións.
8.—PREGO DE CONDICIÓNS
Atópase a disposición dos interesadoss na Secretaría do Concello tódolos días laborables en horario
de oficina.
9.—MODELO DE PROPOSICIÓN
ANEXO I
MODELO DE PROPOSICON PARA CONCURSO DE ALUGUER DE ALBERGUE MUNICIPAL
“PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO
ALBERGUE MUNICIPAL ”, convocada polo Concello de Barro, co seguinte modelo:
“D. ..................., maior de idade, con domicilio en ......, titular do D.N.I. nº ......, en nome propio ou en representación
de ......, enterado da convocatoria de procedimento aberto para aluguer do albergue municipal anunciada no Boletín
Oficial da Provincia de ...., núm. ...., de data ....., toma parte na mesma, ofertando:
a) Renda mensual .............. €. sen inclusión do I.V.E.
Coñezo e acepto as condicións estipuladas no prego de cláusulas económico-administrativas que acepta
íntegramente.
Lugar, data e sinatura”
Sobre A: OfERTA ECONOMICA.
PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO ALBERGUE
MUNICIPAL, presentada por...........
En..........a........de...........do .....
O/A licitador/a (asinado e rubricado)
Sobre B: PERSONALIDADE XURIDICA E XUSTIfICANTES
PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO
ALBERGUE MUNICIPAL presentada por.........
En..........a........de...........do ...
O/A licitador/a (asinado e rubricado)
Barro, a 25 de outubro de 2012.—O Alcalde, José Antonio Landín Eirín. 2012010209
No hay comentarios:
Publicar un comentario