- 11:30
X RUTA GALICIA SENDERISMO.
DOMINGO 18/11/2012 AS 11.30 H . PR-G 105 SERA DE 10 KM. A RUTA SERA """ GRATIS"""" LOGO OS QUE QUERAN COMER, VOU VER COMO FAGO .....COMA SEMPRE OK QUEDAMOS: N-550 entre Pontevedra e Caldas de Reis, na altura do municipio de Barro, habemos atopar a placa que sinaliza a entrada ao Parque da Natureza do Río Barosa. Descrición «Parque da Natureza do Río Barosa» http:// Este parque posúe unha excepcional topografía pola que discorre o río Barosa en forma de cadoiro creando a Fervenza da Barosa, que alcanza trinta metros de desnivel. Xunta esta fervenza construíronse dezasete muíños, que se dividen entre os Muíños de Abaixo e Muíños de Arriba e que forman un complexo hidráulico de grande interese O primeiro tramo do sendeiro discorre entre os Muíños de Abaixo ata a ponte de San Breixo, onde se pode abandonar a ruta principal e visitar a igrexa do mesmo nome do S. XVII, dende a que se obtén unha boa panorámica do val. Seguindo o PR-G 105, atopamos máis muíños, algúns en bo estado de conservación. No segundo tramo hai unha área recreativa cunha taberna típica dende onde parte un sendeiro circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do río ata a ponte de San Breixo, onde está marcado o final da ruta. Dende aquí pódese facer en sentido contrario o primeiro tramo da ruta e volver á zona de estacionamento do parque. http://vimeo.com/38939559 COMEMOS: AINDA ESTOU EN PROCESO DE SABER ONDE COMEMOS OK PODE SER NA TABERNA DO MESMO PARQUE DA NATUREZA. FOTO DO EVENTO: http://www.flickr.com/ http://vimeo.com/38939559 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario