O Pleno do Concello de Barro aproba por unanimidade unha moción do PP para abaratar os custes dos seguros cun concurso público. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 28 de noviembre de 2012

O Pleno do Concello de Barro aproba por unanimidade unha moción do PP para abaratar os custes dos seguros cun concurso público.

No pleno de onte o Partido Popular de Barro levou ao pleno do Concello xunto coa moción de construcción dun novo colexio, unha moción que propuxo a revisión e reducción dos custes dos seguros que actualmente ten contratados o Concello con tres aseguradoras distintas e que ascende a uns 24.000 € ao ano.

Para acadar unha reducción efectiva dos custes, o grupo popular e no seu nome o alcalde de Barro, José Antonio Landín, propuxo no pleno unha moción que foi aprobada pola unimidade dos grupos, PP, BNG e PSOE, na que se fará un concurso público que pretende unha reducción dos custes e revisión das garantías de tódolos seguros que agora mesmo ten contratados o concello, para vehículos, instalación municipais, edificios, etc.

A proposta do PP foi apoiada por todos os grupos, se ben o PSOE de Barro a través do seu portavoz, José Sanmartín, fixo unha mención, na que "felicitaba especialmente á alcaldía" por levar unha proposta ao pleno deste estilo suliñando que "amosaba a súa ledicia cando as cousas se fan ben por parte do concello e neste caso especialmente por buscar mellorar as condicións cun concurso público"



No hay comentarios:

Publicar un comentario