- · A recadación pasou de 35,3 millóns no 2011 a 42,3 no 2012
- · Puxeronse ao cobro 374.017 recibos, 16.063 máis que no 2011
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán,
informou en rolda de prensa, que os concellos da provincia que teñen
delegada a xestión dos seus tributos no ORAL recadaron este ano 7 millóns máis
que o pasado en concepto de IBI de urbana.
Louzán explicou que o prazo en voluntaria rematou en
outubro e a recadación do IBI de urbana supuxo para o contribuinte unha serie
de incrementos de cuota. Rematada a cobranza, os resultados concello a concello
son os que figuran na tabla adxunta.
Louzán destacou que a porcentaxe de cobro voluntario foi do 85 % (igual que 2011) e dixo
que, sumados os contribuintes de
Voluntaria e os que usan o recargo, en
todos os concellos supérase o 92% de cobros <esto supón unha baixísima morosidade
no contexto actual>, afirmou.
O importe da
recadación total en Voluntaria acadou os 42.310.494, frente a 35.369.146 de 2011. Esto supón que os concellos que delegaron a xestión na Deputación recadaron
case 7 millones máis que en 2011: exactamente 6.941.348 euros
más.
Os Concellos da provincia que teñen delegada a xestión tributaria e a recadación
de IBI urbana na Deputación de Pontevedra son 51. O número de recibos postos ao cobro acadou a cifra de 374.017, é decir 16.063 máis que no
2011.
Según
Louzán, o incremento é posible gracias á labor de xestión tributaria e
catastral que realiza a Deputación de Pontevedra a través do ORAL, actualizando
e inspeccionando os censos, formulando as correspondientes altas e variacións, en coordinación coa Dirección General del
Catastro, labor que se realiza de xeito continuado e permanente perante todo o
exercicio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario