O SAMAIN
O Samaín é unha festa tradicional que lle gusta moito os nenos e tamén os maiores.Na nosa escola o elemento central para a celebración da festa é a cabaza.Todos xuntos elaboramos unha rica tarta de cabaza , que logo comemos o día seguinte na festa.
Algúns nenos viñeron disfrazados.Comemos, bailamos é fixemos xogos…
Tamén fixemos un ” concurso de cabazas” . Familias é nenos/as decoraron a súa cabaza, que logo foron expostas na entrada da escola.
As familias votaron pola súa cabaza favorita e as 3 máis votadas foron premiadas.
O 1º PREMIO foi para Bob esponja , un recetario elaborado con recetas aportadas polos pais/nais e uns bombóns tenebrosos
O 2º PREMIO foi para “ nariz de cenoira” , uns bombóns tenebrosos
O 3º PREMIO para “Mickey Mouse”, uns bombóns tenebrosos
O San Martiño
O mes de novembro é o mes do San Martiño ,xa que o 11 deste mes, celébrase esta festa tradicional galega.Di o refraneiro :- A todo porquiño lle chega o seu san Martiño.
- Antes de san Martiño, pan e viño; despois de san Martiño, fame e frío.
Presentamos os nenos/as o debuxo dun porco.Falamos sobre sobre as súas características o ruido que fai…Logo pasamos a recortalo en catro partes, facendo entrega a cada aula para que o decorasen.
Coas partes decoradas reunímonos para xuntalas de novo a modo de puzle.
Logo contouse o conto dos tres porquiños .
No hay comentarios:
Publicar un comentario