A ACD Tenis As Baladas de Barro acusa a "Terras de Curro" de utilizar o seu nombre sen autorización - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 17 de noviembre de 2012

A ACD Tenis As Baladas de Barro acusa a "Terras de Curro" de utilizar o seu nombre sen autorización

A ACD Tenis As Baladas de Barro acusa a "Terras de Curro" de utilizar o seu nombre sen autorización

Nota aclaratoria a unha información feita por Terras de Curro en Novas de Barro.

A ACD Tenis As Baladas de Barro, a día de hoxe, non ten previsto colaborar de ningunha maneira coa entidade Terras de Curro ou Comunidade de Montes desa parroquia no evento chamado Liga Mixta de Tenis.

A ACD Tenis quere deixar claro que as opinións persoais e individuáis dalgun membro da directiva, non significan que a asociación participe, xa que a que se define como entidade organizadora non tivo a elegancia de convidar como máximo responsable da ACD Tenis,ao seu presidente e outros membros.

Consideramos que isto é unha falta de respeto á ACD Tenis As Baladas, así como un intento de buscar enfrontamentos dentro dunha organización, xa que calquera tipo de colaboración debe facerse dunha maneira formal e por escrito á nosa Asociación, para que despois tódolos membros decidan positiva ou negativamente.

Tamén queremos desvincularnos polo tanto da utilización para esta liga da Pista de Tenis Municipal e do Pavillón Municipal de Curro, xa que en nome da ACD Tenis As Baladas, non se lle cursou ao Concello ningún tipo de solicitude de utilización.

Pedímolle polo tanto a Terras de Curro que ata que haxa unha decisión, evite e deixe de utilizar o noso nome en calquera publicidade, nota de prensa, ou comunicación, xa que non teñen AUTORIZACIÓN.

Un saúdo,

Joaquín Souto.
Presidente da ACD Tenis As Baladas-Barro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario