A DEPUTACIÓN DESTINA 47.450 EUROS PARA FINANCIAR AS ACTIVIDADES DE 60 CLUBS DE DEPORTE FEDERADO DA COMARCA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 24 de noviembre de 2012

A DEPUTACIÓN DESTINA 47.450 EUROS PARA FINANCIAR AS ACTIVIDADES DE 60 CLUBS DE DEPORTE FEDERADO DA COMARCA DE PONTEVEDRA

En toda a provincia son 441 os clubs que reciben o apoio da institución provincial para a súa actividade cunha cantidade global de 350.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o listado de clubs da provincia e as contías que recibirán dentro da liña de axudas que a entidade provincial aprobou para os clubs de deporte federado base.

A cantidade total que destina a Deputación para esta materia ascende a 350.000 euros e os clubs beneficiarios das mesmas 441.

No caso concreto da comarca de Pontevedra, serán un total de 60 os clubs que reciban unha colaboración de 47.450 euros para manter a súa actividade. Os clubs beneficiarios serán os seguintes:

En Barro: o Barro C.F.; e o Moto Club Barrena
. En Campo Lameiro: o Campo Lameiro, C.D. En Cotobade: o Tenorio Fútbol Sala Femenino; o Tenorio F.S. Sport; Hvc Escudería; e o Club Escola Deportiva De Cotobade De Fútbol

En A Lama: o Club Baloncesto Pastoral A Lama; E A Lama, S.D. Fútbol. En Poio: o Club Escuela De Fútbol Portero 2000; Club Deportivo De Sordos De Poio; Club Saraiba E.D. Poio; Escolas Deportivas Poio; Escudería Buxa Motor Poio; S.C.D. Poio; Club Náutico Combarro; S.D. Campelo; Club Ciclista Monte Abaixo; Sociedad Deportiva Combarro.

En Pontevedra : Club Natación Sincronizada Pontevedra; C.D. Escola Hungaresa De Esgrima De Pontevedra; Club Tenis De Mesa Monteporreiro; Agrupación Juvenil De Lérez; Pontevedra Rugby Club; Club Méndez Núñez; Agrupación Deportiva Sagrado Corazón Pontevedra; Club Polideportivo Juan Xxiii; Club Xadrez Marín; Ciudad De Pontevedra, C.F.; Club Naval De Pontevedra; Club Áncora D`Ouro, F.S.; Sociedade Deportiva Monteporreiro; Club Salvamento Acuático Pontevedra; Salgueiriños C.F.; Playas De Pontevedra, F.S.; Club Ximnasia Rias Baixas; Asoc. Boxeo De Pontevedra; Club Taekwondo Mace-Sport; Sociedad Cultural Deportiva Salcedo; Escola Xadrez Pontevedra; E.F.S. Pontevedra; C.F. Unión Sampayo; A.X.D. Verdugo; Club Eiriña Atlético-Pontevedra; Club Tiro Cernadiñas Novas; Club Atlético Estación; Billar Club Pontevedra; Club Taekwondo Taekanart; Club Voleibol Pontevedra; Marcón Atc; Bora, C.F.; Cerpozóns, C.F.; Club Deport. Ciencias Actividad Física Y Deporte; Xeve, C.F.; Club Ciclista Farto

Finalmente, en Vilaboa: S.D.C. San Adrián De Cobres; Escola Fútbol Cobres; Club Bértola Femenino; Figueirido C.F.; Agrupación Deportiva U.D.C. Vilaboa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario