O alcade de Barro participa na xuntanza da presentación do Consorcio Recollida Lixo e Canceira Provincial - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 8 de noviembre de 2012

O alcade de Barro participa na xuntanza da presentación do Consorcio Recollida Lixo e Canceira Provincial


NOTAS PRESENTACIÓN SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO E XESTIÓN DE PUNTOS LIMPOS.

SITUACIÓN ACTUAL E PERSPECTIVAS LEXISLATIVAS

O SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO É MOI DEFICITARIO PARA A MAIORÍA DOS CONCELLOS QUE LEVAN A XESTIÓN DUN MODO DIRECTO.

AS TAXAS QUE ACTUALMENTE COBRAN OS CONCELLOS TAN SÓ  CUBREN DE MEDIA O 40 % DO CUSTO DO SERVIZO, SEN CONTAR OS CUSTOS INDIRECTOS.

NA XESTIÓN DO SERVIZO EXISTE UNHA DIFERENCIA ENTRE INGRESOS E GASTOS SUPERIOR ÓS CATRO MILLONS DE EUROS ANUAIS (4.000.000,00 €), É DICIR, DEZASEIS MILLÓNS DE EUROS (16.000.000,00 €) NUNHA LEXISLATURA.

EN MOITOS DOS CONCELLOS QUE LEVAN O SERVIZO A TRAVÉS DUNHA CONCESIÓN TAMÉN EXISTE UN IMPORTANTE DÉFICIT. AS TAXAS NESTES CASOS CUBREN DE MEDIA TAN SO O 60%  DO CUSTO DO SERVIZO.  A DIFERENCIA ENTRE INGRESOS E GASTOS SUPERA OS TRES MILLONS SEISCENTOS MIL EUROS ANUAIS, É DICIR, CATORCE MILLÓNS CATROCENTOS MIL EUROS (14.400.000,00 €) NUNHA LEXISLATURA.

PARA EVITAR QUE NUN FUTURO SE PRODUZAN SITUACIÓNS SIMILARES A DEPUTACIÓN PENALIZARÁ ÓS CONCELLOS QUE NO FAGAN O ESFORZO FISCAL NECESARIO PARA GARANTIR A EFICIENCIA DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

ADEMAÍS O NOVO MARCO XURÍDICO OBRIGA A SUSTENTABILIDADE FINANCEIRA DOS DIVERSOS SERVIZOS DE COMPETENCIA LOCAL. EN CASO DE SERVIZOS INEFICIENTES AS DEPUTACIÓNS ASUMIRÁN DEVANDITAS COMPETENCIAS.




ORGANIZACIÓN DO SERVIZO PROVINCIAL

O SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO NACE COA IDEA GARANTIR QUE A CALIDADE DO SERVIZO SEXA SIMILAR EN TODO O ÁMBITO PROVINCIAL, INDEPENDENTEMENTE DO LUGAR ONDE RESIDA O USUARIO.

PRESTARASE O SERVIZO DE ACORDO COS ESTANDARES DE CALIDADE MEDIOAMBIENTAL ESIXIDOS POLA NORMATIVA VIXENTE, REDUCIRANSE  SUSTANCIALMENTE OS COSTES E BUSCARASE QUE O SERVIZO SEXA SOSTIBLE EN TÉRMINOS ECONÓMICO-FINANCEIROS.

PARTESE DO PRINCIPIO RECOLLIDO NA NOVA LEI DE RESIDUOS DE QUE O IMPORTE DA TAXA DEBE CUBRIR O CUSTO REAL DO SERVIZO, XA QUE NA ACTUALIDADE AS TAXAS QUE COBRAN OS CONCELLOS ESTÁN MOI DESFASADAS.

PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DO SERVIZO A RECOLLIDA ESTRUTURASE EN CATRO GRANDES UNIDADES DE XESTIÓN, TENDO EN CONTA A SÚA LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA E OPERATIVIDADE FUNCIONAL.

A FRACCIÓN RESTO RECOLLERASE CINCO DÍAS NAS ZONAS URBANAS E DOUS NO RURAL. ESTAS FRECUENCIAS INCREMENTARANSE CANDO SEXA NECESARIO (ÉPOCA ESTIVAL ETC…)

MELLORARASE A UBICACIÓN DOS CONTEDORES QUE ADEMAIS TERÁN UN DISPOSITIVO QUE PERMITIRÁ COÑECER O VOLUME DE RESIDUOS XERADO EN CADA CONCELLO.

OS  PUNTOS LIMPOS ABRIRÁN DOUS DÍAS A SEMANA. OS CIDADANS PODERÁN DEPOSITAR OS RESIDUOS SEN CUSTO ALGUN.

REDUCIRASE O NÚMERO DE PERSOAL QUE ACTUALMENTE PRESTA O SERVIZO NOS DISTINTOS CONCELLOS. O AFORRO ESTIMADO É DE 500.000,00 EUROS.O PERSOAL FUNCIONARIO SEGUIRÁ NOS CONCELLOS. O PERSOAL LABORAL A SUBROGAR ASCENDE A UNS 86 TRABALLADORES COS QUE SE NEGOCIARÁ O SEU PASO Ó NOVO SERVIZO.

TAMÉN REDUCIRASE O NÚMERO DE CAMIÓNS DESTINADOS A PRESTAR O SERVIZO.

ESTUDIO ECONÓMICO-FINANCEIRO E PROPOSTA DE TAXAS

O CUSTO DO SERVIZO, INCLUIDO SOGAMA, ESTARÁ PRETO DOS TRECE MILLÓNS DE EUROS (13.000.000,00 €)

O ESTUDO ECONÓMICO-FINANCEIRO REFLICTE UNHA TAXA PARA VIVENDA QUE PODE OSCILAR ENTRE  OS 30-40 EUROS Ó SEMESTRE.

O COBRO DA TAXA SERÁ SEMESTRAL E NON HABERÁ DISTINCIÓN ENTRE ZONA RURAL E URBANA.

NOVA ESTRUTURA TARIFARIA PARA OS ESTABLECEMENTOS.

CONVENIO MARCO DE ADHESIÓN Ó SERVIZO PROVINCIAL DE LIXO

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS POR PARTE DOS CONCELLOS A FAVOR DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

ORDENANZA FISCAL PROVINCIAL.

COMISIÓN DE SEGUIMENTO FORMADA POR TODOS OS ALCALDES E O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN-CONTROL DA DELEGACIÓN.

PROPOSTA DE XESTIÓN DO CENTRO DE PROTECCIÓN ANIMAL DA ARMENTEIRA

SERVIZO DE LACERÍA OS 365 DÍAS DO ANO, 24 HORAS Ó DÍA.

FOMENTO DAS ADOPCIÓNS. ADOPCIÓNS GRATUITAS PARA OS PARTICULARES: OS ANIMAIS ENTREGARANSE ÓS PARTICULARES VACINADOS, DESPARASITADOS, ESTERILIZADOS E IDENTIFICADOS DE XEITO TOTALMENTE GRATUITO.

SERVIZO DE ATENCIÓN VETERINARIA PERMANENTE ÓS ANIMAIS.

42 CONCELLOS ADHERIDOS QUE SUMAN MAÍS DE 330.000 HABITANTES.



No hay comentarios:

Publicar un comentario