LOUZÁN ASINA CON 53 ALCALDES O CONVENIO PARA COFINANCIAR OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA OS QUE A DEPUTACIÓN DESTINA 2,4 MILLÓNS DE EUROS
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e alcaldes de 53 concellos da provincia (os de menos de 20.000 habitantes) asinaron hoxe un convenio para cofinanciar os Servizos Sociais Comunitarios Municipiais.
A Deputación destina a
esta iniciativa un total de 2,4 millóns de euros que posibilitará o pago das
nóminas de 350 empregados (250 do Servizo de Axuda no Fogar e 100 técnicos) e
que beneficiará a miles de personas da poboación de 397.529 habitantes que
conforman os concellos citados.
Co convenio, a Deputación
financiará os seguintes tres servizos: o Servizo de Axuda no Fogar na
modalidade de prestación básica; a contratación do
Persoal dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios; a retribución do
persoal dos centros municipais de Servizos Sociais comunitarios específicos
Este convenio abre as
portas dunha nova colaboración directa da Deputación cos concellos medianos e
pequenos nunha materia de máximo interese e das que máis preocupan aos
alcaldes/esas como son os servizos sociais, a atención aos veciños e veciñas
que máis o precisan.
Esta acción realizaráse
tralo acordo asinado entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra con
motivo da aprobación do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, que regula o
financiamento dos servizos sociais.
Co acordo, os concellos
van ter a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes
servizos, senón que o mellorarán.
O Servizo de Atención no
Fogar permite darlle asistencia personalizada no seu propio domicilio a aquelas
persoas que precisan de axuda para a súa vida diaria: para a súa hixiene, para
a súa alimentación, para o coidado do fogar, así como atención psicosocial,
sanitaria e educativa.
A Deputación fixo un
extraordinario esforzo para ir máis alá na aportación para Axuda no Fogar que a
Xunta fixera en 2010. A institución provincial asumiu como compromiso seu máis
de 1 millón de euros: no 2010, a Xunta
aportara 1,1 millóns; no 2011, apenas 226.000 euros; e agora, a Deputación
aporta 1 millón máis que a Xunta no 2010 e achega a cuantía aos 2 millóns de
euros.
O reparto por concellos
da citada cuantía fíxose con criterios obxectivos tendo en conta parámetros
establecidos pola Xunta como área urbana, metropolitana, semiurbana ou rural;
índice de envellecemento e de
dependencia; orografía; envellecemento, número de centros de cada
concello, etc.. A cantidade que percibirá cada concello é como sigue:
CORPORACIÓN LOCAL PRESTADORA DE SSCM DE MENOS
DE 20.000 HABITANTES
|
CANTIDADE
SUBVENCIONADA POR SERVIZO AXUDA FOGAR, SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E
SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS
|
|
1.
|
Agolada
|
46.580 €
|
2.
|
Arbo
|
44.550
|
3.
|
Baiona
|
36.851
|
4.
|
Barro
|
31.590
|
5.
|
Bueu
|
45.973
|
6.
|
Caldas de Reis
|
50.906
|
7.
|
Cambados
|
45.071
|
8.
|
Campo Lameiro
|
9.754
|
9.
|
Cañiza
|
29.893
|
10.
|
Catoira
|
19.189
|
11.
|
Cerdedo
|
17.961
|
12.
|
Cotobade
|
30.014
|
13.
|
Covelo
|
31.562
|
14.
|
Crecente
|
25.837
|
15.
|
Cuntis
|
33.067
|
16.
|
Dozón
|
30.308
|
17.
|
Forcarei
|
46.669
|
18.
|
Fornelos de Montes
|
8.822
|
19.
|
Gondomar
|
44.771
|
20.
|
O Grove
|
50.189
|
21.
|
A Guarda
|
59.865
|
22.
|
Illa de Arousa
|
21.014
|
23.
|
Lama
|
29.786
|
24.
|
Meaño
|
72.547
|
25.
|
Meis
|
31.224
|
26.
|
Moaña
|
70.049
|
27.
|
Mondariz
|
43.803
|
28.
|
Mondariz Balneario
|
9.176
|
29.
|
Moraña
|
5.409
|
30.
|
Mos
|
65.850
|
31.
|
As Neves
|
23.291
|
32.
|
Nigrán
|
37.478
|
33.
|
Oia
|
12.020
|
34.
|
Pazos de Borbén
|
16.227
|
35.
|
Poio
|
72.611
|
36.
|
Pontecaldelas
|
34.846
|
37.
|
Pontecesures
|
17.913
|
38.
|
Porriño
|
61.342
|
39.
|
Portas
|
29.806
|
40.
|
Ribadumia
|
29.296
|
41.
|
Rodeiro
|
22.832
|
42.
|
O Rosal
|
27.847
|
43.
|
Salceda Caselas
|
59.340
|
44.
|
Salvaterra de Miño
|
49.016
|
45.
|
Sanxenxo
|
43.708
|
46.
|
Silleda
|
36.676
|
47.
|
Soutomaior
|
19.061
|
48.
|
Tomiño
|
63.103
|
49.
|
Tui
|
58.867
|
50.
|
Valga
|
121.813
|
51.
|
Vila de Cruces
|
49.284
|
52.
|
Vilaboa
|
19.225
|
53.
|
Vilanova Arousa
|
82.938
|
TOTAL
|
2.037.146 €
|
Na xuntanza de Louzán cos 53 alcaldes da provincia, o presidente suliñou a necesidade de armonizar as tarifas por horas de servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario