A XUNTA INVESTIRÁ 71.313 EUROS PARA OBRAS MENORES NOS XULGADOS DE VILAGARCÍA, PONTEAREAS, PONTEVEDRA, CALDAS, LALÍN E A ESTRADA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 21 de julio de 2016

A XUNTA INVESTIRÁ 71.313 EUROS PARA OBRAS MENORES NOS XULGADOS DE VILAGARCÍA, PONTEAREAS, PONTEVEDRA, CALDAS, LALÍN E A ESTRADA



§         Segundo apuntou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, levaranse a cabo traballos como reparacións de carcomas, mellora de escaleiras, retirada de góndolas e domos e habilitación de arquivos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, avanzou esta mañá que a Xefatura Territorial de Presidencia levará a cabo diversos investimentos en obras menores nos xulgados de Ponteareas, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Lalín e A Estrada.

As obras contarán un orzamento global de 71.313,77 euros e 18 actuacións. “Para o goberno galego é fundamental dispor de infraestruturas xudiciais de calidade, acordes coas necesidades dos profesionais do sector e que permitan dar un axeitado servizo á cidadanía”, explicou o delegado territorial. “Esta é a razón pola que a Xunta está a executar diversas obras nos xulgados da provincia, en este caso, traballos menores de mantemento e reparación, que se levarán a cabo durante as próximas semanas e que permitirán manter estas ediciacións en óptimas condicións de utilización”.

Tal e como explicou José Manuel Cores Tourís, a Xunta aprobou en agosto de 2009 un ambicioso plan de Infraestruturas xudiciais co fin de dotar de sedes físicas axeitadas á administración da Xustiza na Comunidade Autónoma cun orzamento de máis de 70 millóns de euros que inclúe o novo edificio xudicial de Pontevedra. “Ademais, a maiores, anualmente lévanse a cabo numerosas actuacións de menor contía, o que se coñece como obras menores, que son necesarias para manter a calidade das edificacións que albergan as sedes xudiciais”. 

No caso da provincia de Pontevedra, as obras se acaban de poñer en marcha nalgúns casos o comezarán nos próximos días noutros, e teñen como obxectivo executar reparacións de carunchos, mellora de escaleiras, retirada de góndolas e domos e habilitación de arquivos, entre outros.

Deste xeito, na cidade do Lérez levarase a cabo a división dun despacho para psicólogos e outro para Fiscalía no edificio de A Parda. No caso de Caldas de Reis, repararase o caruncho dun despacho, e en Ponteareas cambiarase o portalón do garaxe e instalarase nova ventilación. En Vilagarcía habilitarase un arquivo nunha antiga zona de garaxe e en Lalín mellorarase a acústica da sala de vistas con falso teito. Finalmente, na Estrada instalarase climatización nos despachos do Xulgado número 1 e suplementarase a varanda das escaleiras principais cun tubo inox.

No hay comentarios:

Publicar un comentario