PRETO DE 4.500 CIDADÁNS DOARON SANGUE EN RESPOSTA AO CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 18 de julio de 2016

PRETO DE 4.500 CIDADÁNS DOARON SANGUE EN RESPOSTA AO CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE





  • Grazas á colaboración dos cidadáns foi posible recuperar as reservas de todos os grupos sanguíneos ata niveis axeitados
  • O Centro de Transfusión de Galicia integrado en ADOS, continuará a desenvolver a campaña de doazón baixo o lema “Súmate. Doa sangue” ata finais de setembro, co obxectivo de manter constante a participación no verán

Santiago, 18 de xullo de 2016.- O Centro de Transfusión de Galicia, recentemente integrado na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), quere amosar o seu máis sincero agradecemento a todos os cidadáns que, en resposta ao chamamento á participación que facía esta institución o pasado 5 de xullo.

Entre os días 5 e 16 de xullo, rexistráronse un total de 4.489 doazóns de sangue, das cales o 6% (256 doazóns), correspondíanse con persoas que efectuaban unha doazón de sangue por vez primeira.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desexa transmitir a todos os cidadáns que acudiron a doar sangue o seu recoñecemento, xa que, grazas a súa colaboración foi posible recuperar ata niveis axeitados as reservas de todos os grupos sanguíneos. Así mesmo, quere facer extensivo o seu agradecemento aos medios de comunicación de toda Galicia que contribuíron a difundir información relacionada coa necesidade de incrementar o volume de doazóns de sangue no período estival.

Súmate. Doa Sangue”
ADOS lembra que a campaña de doazón, que está a desenvolver baixo o lema “Súmate. Doa Sangue”, continuará a desenvolverse ata finais do vindeiro mes de setembro, dado que a campaña de doazón de verán abrangue os meses de xuño a setembro. Neste período, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estima que serán precisas 40.000 doazóns de sangue para cubrir todas as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos.

Para obter máis información sobre onde doar ou resolver calquera dúbida relacionada co solidario xesto da doazón, o Centro de Transfusión de Galicia de ADOS dispón dun teléfono gratuíto 900 100 828 e unha páxina web: ctg.sergas.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario