Os técnicos alertan
da aparición da procesionaria do piñeiro na comarca de Pontevedra, onde se
detectaron os primeiros insectos nas trampas
A Estación Fitopatolóxica de
Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, quere facer un
chamamento aos viticultores para evitar a aplicación de tratamentos
innecesarios na viña. Os técnicos explican que nos casos das couces do acio, da
presenza de cicadélidos e de ácaros é fundamental coñecer ben a sintomatoloxía
e, no seu caso, consultar cos técnicos antes de aplicar produtos que non sexan
necesarios ou que poidan producir outros problemas nas uvas. Por outra banda, a
EFA vén de detectar a presenza da procesionaria do piñeiro na comarca de
Pontevedra, onde xa se capturaron os primeiros insectos nas trampas instaladas.
Viña
En canto ao Mildeu, os técnicos
sinalan que segue a ser fundamental realizar labores de aireación, xa que o maior
número de síntomas vén de detectarse en parcelas nas que non se realizaron
traballos de limpeza. Estas labores son máis
importantes dende que se están utilizando funxicidas penetrantes ou cobres, de
feito téñense visto fincas onde estas labores permitiron observar que os
produtos non alcanzaran órganos nas aplicacións anteriores. A situación xeral parece terse estabilizado, pero non se debe descoidar
a vixilancia do viñedo, máis considerando que hai un alto nivel de inóculo
acumulado nalgunhas parcelas e que as previsións meteorolóxicas continúan
anunciando a permanencia de temperaturas nocturnas elevadas, ademais da
posibilidade de tormentas locais a partir de metade de semana.
Estes
días existe unha climatoloxía favorable ao Oidio, o que provocou que en plantas
testemuña apareceran acios coa presenza moderada do micelio do fungo. Por isto
recoméndase unha revisión exhaustiva, facer labores de desnetado e tratar en
caso necesario.
En canto ás couces dos
acios, verificouse que a semana anterior produciuse
un pico no voo de Lobesia botrana nas
parcelas onde había máis capturas, pois o número de machos recolleito nas
trampas reduciuse (nas demais leiras mantívose en cifras similares). Con todo,
non se recomendou un tratamento debido a que non se observou máis que algunhas
postas moi esporádicas, e ningunha penetración larvaria. Os técnicos da EFA
lembran que é moi importante realizar estes controis aos acios antes de tomar
unha decisión (algúns tratamentos son innecesarios) e consultar aos
especialistas sobre a conveniencia de tratar ou non. Subliñan, así mesmo, que é
moi importante ver o tipo de insecticida a utilizar: moitos dos rexistrados son
ovicidas ou reguladores de crecemento, que por tanto deben ser aplicados no
momento oportuno.
Sobre as afeccións de cicadélidos, dende Areeiro destacan
que sigue a haber niveis moi baixos de capturas nas trampas, pero que é preciso
incrementar a vixilancia posto que nas campañas anteriores as primeiras
capturas corresponderon a finais de xullo e principios de agosto. Como punto a
destacar os técnicos sinalan que, ante a información de que xa hai viticultores
aplicando tratamentos fronte ao 'mosquito verde', é preciso aclarar que a
sintomatoloxía causada por eles non é específica e pódese confundir con seca,
deficiencias nutricionais, acidez, etc. Por iso, a pesar de que moitos
argumentan que a causa do tratamento é que se ven síntomas nas plantas, é
preciso asegurarse da exactitude da diagnose. A especie de cicadélido que si
debe tratarse á detección é Scaphoideus
titanus, pois é o vector da 'flavescencia dourada', grave patoloxía de
corentena que xa foi detectada en zonas próximas de Portugal, pero non en
Galicia
Finalmente, en canto á viña, nesta semana incrementouse sensiblemente o número de brotes afectados de erinose de verán, que como sabemos non é necesario tratar. En canto ás demais especies de ácaros fitófagas, non se atoparon exemplares nas mostras recibidas ou nas recollidas nas parcelas propias, pero si varios individuos de ácaros útiles fitoseidos, que regulan naturalmente as poboacións dos fitófagos, polo que deben ser protexidos non realizando tratamentos innecesarios.
Maceiras
Na comarca de Pontevedra as capturas da couce da maceira
mantéñense elevadas nalgunhas fincas, e tamén se viron novos síntomas na escasa
froita que, en xeral, se observa nas árbores. É bo momento para instalar as
bandas de cartón ondulado nos troncos das árbores.
Cítricos
En relación aos cítricos, durante estes días os técnicos de Areeiro recibiron un elevadísimo número de consultas sobre como intervir fronte á praga da ‘psila africana’ (Triozaerytreae), xa que é xeralizada a presenza de síntomas nos brotes xóvenes -con cifras elevadas de ninfas-, ademais de capturar numerosos adultos -500 ou 600 por trampa-. Debido a que nestes momentos é tamén frecuente a presenza de pulgóns e cochinilla, ademais do insecticida autorizado polo Ministerio para o control da psila africana (tiametoxan 25%), pode utilizarse calquera outro produto destinado ao control de insectos chupadores.

Froiteiras de óso
Estanse a recibir na estación algunhas mostras de varias especies cerdeiras, ameixeiras e outras froiteiras de óso con síntomas evidentes de 'mal do chumbo', que é unha enfermidade vascular de difícil solución. Se afecta a poucas ramas da árbore deben eliminarse (e destruírse, nunca deixalas na parcela) neste período para reducir o nivel de inóculo. Ademais, os cortes de poda deben protexerse con 'mástic cicatrizantes' con funxicidas e as podas invernais deben realizarse en tempo seco, desinfectando sempre as tesoiras. A mesma recomendación é aplicable ás maceiras con ramas afectadas de cancro.

Froiteiras en xeral
Están a observarse nalgúns froiteiros danos por paxaros,
por avespas, con raxados na pel, etc. Estes froitos deben ser eliminados, xa
que poden ser fonte de infección por patóxenos oportunistas, máis considerando
que a humidade é elevada en parte do día.
Pataca
Como era de esperar, nalgunas plantacións aínda en desenvolvemento que presentaban danos polo Mildeu observáronse novos síntomas, polo que se debe renovar a protección salvo que se trate de patacas que xa se van a cultivar proximamente. En canto ao escaravello, nalgunhas plantacións continúan a observarse poboacións deste defoliador.
Piñeiro
Vense de iniciar o voo da procesionaria do piñeiro na
comarca de Pontevedra, pois producíronse nesta semana as primeiras capturas nas
trampas de feromonas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario