El director del Igape visita la fábrica de Lago, que emplea a 40 trabajadores y factura 15,5 millones - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 20 de julio de 2016

El director del Igape visita la fábrica de Lago, que emplea a 40 trabajadores y factura 15,5 millones



O director do Igape, Javier Aguilera, destacou esta mañá a aposta de Lagos Aves pola calidade e a mellora continuada como claves para crecer e internacionalizarse. Durante a súa visita ás instalacións en Pontevedra da empresa, salientou tamén os servizos e programas de apoio cos que conta a Xunta para facilitar os investimentos e a proxección exterior das pemes galegas.
Lago Aves, que emprega a 40 traballadores e factura 15,5 millóns de euros, está a desenvolver un plan de internacionalización a cinco años co obxectivo de incrementar as súas exportacións ata o 30% do total. Os seus produtos estanse exportando sobre todo a Francia, Reino Unido, Italia e Portugal, e a empresa aspira a chegar a novos mercados fóra da Unión Europea.
Desde a súa creación en 1985, Lago Aves mantén a súa filosofía de crecemento responsable para medrar de xeito sostido e sustentable. Os avances da empresa a nivel comercial apoiáronse en investimentos en produción e rigorosos sistemas de control de calidade. Na actualidade dispón dun catálogo de produtos e presentacións, tanto frescos como conxelados.
Aguilera destacou o compromiso da Xunta para apoiar ás pemes galegas que buscan iniciar ou ampliar a súa expansión exterior. Nesta liña, lembrou que, a través do programa Galicia Exporta, o Igape vén de conceder axudas por preto de 6 millóns de euros para apoiar a internacionalización de preto de 400 empresas, tanto mediante iniciativas individuais como accións agrupadas baixo a coordinación de 26 clústeres e asociacións empresariais dos principais sectores estratéxicos.
O director do Igape tamén sinalou que a estratexia das pemes por chegar a novos mercados, xunto co esforzo continuado da Xunta para apoiar eses procesos ao abeiro da Estratexia de Internacionalización, está a consolidar avances nos mercados exteriores. De feito, segundo salientou, logo do récord histórico de 2015, cunhas exportacións de 18.830 millóns de euros, nos catro primeiros meses do ano as vendas ao exterior creceron nun 7,5% con respecto ao mesmo período de 2015, case 6 puntos por riba da media estatal.
Durante a súa visita a Lago Aves, o director do Igape lembrou tamén que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activados actualmente, a través do Igape, programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para garantir que as pemes dispoñan de apoios á medida das súas necesidades para operar con normalidade, para investir, para incrementar a súa competitividade ou para internacionalizarse. Aguilera destacou que, para cubrir eses obxectivos, as empresas galegas poden acceder a capital risco, préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bancarios bonificados ou avalados polo Igape, así como a liñas de axudas para investir ou crear emprego.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/20/director-igape-visita-fabrica-lago/1501438.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario