CASE UNHA VINTENA DE MUNICIPIOS DA PROVINCIA XA TEÑEN CONCEDIDO O 100% DO PLAN CONCELLOS 2016 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 23 de julio de 2016

CASE UNHA VINTENA DE MUNICIPIOS DA PROVINCIA XA TEÑEN CONCEDIDO O 100% DO PLAN CONCELLOS 2016


Dezaoito concellos teñen xa aprobada a totalidade de investimentos previstos, por un importe global de 10.446.774,72 €


Os 18 municipios que teñen o 100% do Plan Concellos concedido a día de hoxe son Agolada, Arbo, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Catoira, Crecente, Dozón, A Estrada, A Illa, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, Nigrán, Redondela, Pazos de Borbén, O Rosal e Silleda. En total, todos estes concellos recibiron achegas económicas por un valor global de 10.446.774,72 €. En todos os casos, as contías percibidas este ano foron maiores que no exercicio anterior, con incrementos significativos como, por exemplo, un 50,7% máis na Estrada, un 40,3% superior en Silleda ou un 36,2% máis en Agolada.

A meirande parte das actuacións destináronse para a liña 1, destacando os investimentos para saneamento, pavimentacións de viais, adquisición de maquinaria, melloras de equipamentos municipais e actuacións en parques infantís e instalacións deportivas. Así mesmo, boa parte das contías foron para a liña 4 dedicada á promoción de emprego e pola que se puideron contratar traballadores e traballadoras para realizar diferentes tarefas municipais. Tamén a través da liña 3 do Plan Concellos, estes municipios accederon a partidas para sufragar actividades culturais, deportivas e medioambientais.

Para Barro destináronse 399.511,53 €, o que supón un 15,6% máis que en 2015, dos que algo máis de 230.000 se adicaron a saneamento, equipamentos deportivos e melloras en parques infantís e viais, así como case 90.000 e para promoción do emprego. Bueu recibiu 736.977,11 €, un 22,7% máis que no exercicio pasado, dos que 400.000 foron para a liña 1 de investimentos e preto de 140.000 para a liña 4 de promoción do emprego. A Campo Lameiro concedéronselle 361.447,90 €, un 17,5% máis e dos que tamén destinou a meirande parte para liña 1 e liña 4. O Plan Concellos achegou 379.861,02 € para Catoira, o que significa un 11,5% máis que en 2015, con algo máis de 223.000 para a liña 1 con contías destacadas para acondicionamento de dependencias municipais e instalacións deportivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario