CORES TOURÍS DESTACOU A PUBLICACIÓN DAS NOVAS AXUDAS PARA A MELLORA DOS ENTORNOS DA REDE NATURA E PARQUES NATURAIS EN PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 15 de julio de 2016

CORES TOURÍS DESTACOU A PUBLICACIÓN DAS NOVAS AXUDAS PARA A MELLORA DOS ENTORNOS DA REDE NATURA E PARQUES NATURAIS EN PONTEVEDRA




  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que a Xunta de Galicia destinará 2,6 a estes proxectos que teñen como obxetivo aprotección e mellora destas áreas
  • Na pasada convocatoria, bianual, a provincia contou con 558.332 euros para levar a cabo tarefas de mellora da paisaxe, sinalización de camiños, recuperaicón de especeies e restaruación de elementos históricos patrimoniais  

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a administración autonómica volveu a facer pública a orde de axudas á que se poden acoller os concellos da provincia para levar a cabo obras de mellora nos entornos da Rede Natura e do Parque Natural do Monte Aloia en Tui, por un montante total que superará os 2,6 millóns de euros.

O delegado territorial destacou que estas subvencións veñen a ratificar “o compromiso do Goberno galego coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra, unha das que conta con maior número de concellos acollidos a estas axudas, en concreto 30, nos que se investiron de xeito bianual 558.332 euros en diversos proxectos se temos en conta non só a axuda destinada pola Xunta de Galicia para estes municipios senón tamén a IVE que eles asumen”. Na convocatoria de 2014-15 renunciaron a axuda concedida os concellos de A Guarda, Sanxenxo, Nigrán e Soutomaior. A estas axudas hai que sumar os 11.755 euros destinados ao Parque Natural do Monte Aloia en Tui onde se levou a cabo o deseño e instalación dun naturparque na área recreativa de San Fins en Rebordáns.

Segundo explicou, estas subvencións, que alcanzarán nesta bianualidade un total de 1,3 millóns de euros, destinaranse aos concellos da provincia de cara a que poidan levar a cabo tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

“O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é dar resposta a estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que “estas actuacións están dirixidas”, asegurou Cores Tourís, “a contribuír a biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que compre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia”.

Os concellos interesados terán un mes para presentar os proxectos destinados a estas axudas a partir do día de publicación no DOG, o pasado 8 de xullo.

Cores Tourís destacou que dende a administración autonómica continuarase a perseverar no coidado da natureza. “Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da conservación da natureza. Esta é a nosa meta, ordenar e mellorar o noso entorno”.

No caso dos Parques Naturais, destinaranse para esta bianualidade 1,32 millóns. O que se pretende coa publicación destas axudas é dar resposta aos obxectivos de conservación dos parques naturais e mellorar o carácter de utilidade pública dos parques naturais, fomentando e aumentando o papel das persoas propietarias ou arrendatarias, de asociacións, empresas e concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións nestas zonas da Rede Natura 2000. “No caso da provincia de Pontevedra estamos a falar do Monte Aloia en Tui”, rematou Cores Tourís.

No hay comentarios:

Publicar un comentario