O vindeiro venres 22 de xullo, o Pazo da Crega acollerá un novo desfile de moda dentro do evento #BarroFashion Summer 2016, organizado pola asociación cultural Amigos dá Fervenza da Barosa.
A cita celebrarase cun motivo solidario, co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro infantil. A asociación dispuxo que o acceso ao recinto teña un prezo de 5 euros por persoa para localidades con asento e de 3 euros para ver o evento de pé. Os menores de 16 anos atópanse exentos de pagar entrada. O fondos recadados serán entregados a ASANOG, a asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
A cita comezará ás 21.00 horas coa presenza de deseñadores noveis pertenencientes á escola Pin Factory como Thalita Dumont ou Marible Peláez e outros consolidados como MatildaWish by D'Allegro, María Viqueira, Araceli Carro Hats ou Mandarita.
http://pontevedraviva.com/xeral/29439/-barrofashion-summer-2016-cita-loitar-cancro-infantil/
No hay comentarios:
Publicar un comentario