A XUNTA COMEZA AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE FIRME NA ESTRADA PO-224, AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA E BARRO, COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 28 de julio de 2016

A XUNTA COMEZA AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE FIRME NA ESTRADA PO-224, AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA E BARRO, COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA



Estas actuacións obrigan a realizar un peche ao tráfico entre mañá e o venres no treito entre os PK 3+200 e 7+480, establecendo desvíos alternativos

A XUNTA COMEZA AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE FIRME NA ESTRADA PO-224, AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA E BARRO, COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA

§        As actuacións de mellora levaranse a cabo entre os PK 0 e 10+900 da citada vía, efectuando unha rehabilitación localizada do firme, mediante o fresado e a reposición dos tramos deteriorados
§        Estes traballos forman parte dun contrato, cun orzamento de case 500.000 euros, que inclúe reforzos de firme nas estradas PO-504, en Sanxenxo, e PO-550, en Cambados, Meaño e Sanxenxo, que xa se executaron
§        As obras enmárcanse no Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolver o Goberno galego, con investimentos para este ano de máis de 23 millóns de euros e do que xa se licitou o 90 % dos km nos que se van actuar, case 600

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda pechará dende mañá ata o venres o tráfico nun treito da estrada PO-224 comprendido entre os PK 3+200 e 7+480, ao seu paso polo Concello de Pontevedra, para executar obras de rehabilitación do firme.

As actuacións de mellora levaranse a cabo entre os PK 0 e 10+900 da citada vía, ao seu paso polos Concellos de Pontevedra e Barro, efectuando unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados.

Estes traballos forman parte dun contrato máis amplo que tamén inclúe actuacións de reforzo de firme nas estradas PO-504, no Concello de Sanxenxo, e PO-550, nos municipios de Cambados, Meaño e Sanxenxo, que xa se executaron. O Goberno galego financia estas obras mediante a achega dun orzamento de preto de 500.000 euros.

Estas obras son froito da aposta da Xunta por reforzar a seguridade viaria e por manter en bo estado de conservación as estradas autonómicas. Así, os traballos enmárcanse no Plan de Reforzos de Firme que se está a desenvolver no Goberno galego, un plan que recolle investimentos este ano de máis de 23 millóns de euros e do que xa se licitou o 90 % dos quilómetros nos que se van actuar, case 600.

Desvíos
Para solucionar o corte previsto, establecerase un desvío na PO-224, entre os PK 2+700 e 7+700, mañá dende as 7.30 ata as 22 horas, abríndose ao tráfico pola noite; e o venres, dende as 7.30 ata as 13 horas.

O tráfico procedente da estrada N-550 desviarase no PK 7+700, á altura do embalse do Pontillón pola estrada provincial ata a intersección coa PO-223, que une Pontevedra e Campo Lameiro, a través da cal se volve conectar coa PO-224.


http://pontevedraviva.com/xeral/29757/dos-dias-corte-trafico-po-224-pontevedra-barro/


No hay comentarios:

Publicar un comentario