SANMARTIN "RECIBE" 1.335 € DE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 11 de julio de 2016

SANMARTIN "RECIBE" 1.335 € DE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA




O BARRO CF QUE PRESIDE SANMARTÍN (PSOE)  "RECIBE" 1.335 € DE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA PARTICIPAR EN COMPETICIÓNS

A Deputación de Pontevedra está a destinar 600.000 € a 552 clubs federados. Os clubs, que van dende o fútbol ata a loita olímpica, natación, ciclismo, esquí acuático, ximnasia, baloncesto, hípica, xadrez, motociclismo, taekwondo ou patinaxe, entre outras moitas disciplinas deportivas, xa coñecen as contías que a Deputación de Pontevedra lles achega.

Por comarcas, o deporte base vai recibir en Caldas 20.000 € repartidos en 22 clubs, o que supón 5.389 € máis que o que recibían os clubs co anterior goberno. Nesta comarca serán 15 as entidades que recibirán máis recursos, en concreto 16.019 € máis.

 
Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ao deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como  dinamizador da xuventude.  Entre  as axudas principais, amais dos 600.000  euros destinados ó deporte base federado, atópanse os 500.000 € destinados a deportes náuticos, os 800.000 que se achegan ós clubs en competicións nacionais e os 490.000 destinados a actividades deportivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario