Outeiro Redondo, rodeo grande Acibal.
Vista: 211 veces, descargada: 6 veces
Ocúrreseme comparar a ruta de hoxe coa da semana pasada e chego á conclusión de que foron ven distintas. O outro día fixemos moito asfalto para chegar a uns camiños tradicionais, hoxe circulamos por moi pouco asfalto e rodamos por pistas anchas e cómodas. Polo demáis o día foi menos frío e menos ventoso, aínda que tampouco estaba para bromas. Nestas datas fanse necesarios todo tipo de prendas para non pasar frío.
Descartamos de saída a senda do Lérez e os camiños de Pillarteiros para non conxelarnos. A ruta partiu pois por Monteporreiro, aproveitando a ponte nova chegamos a Lérez e dende Couso subimos pola senda formigonada ata acadar a parte alta de San Andrés de Xeve, pasado o monte da Esculca. Dende aquí todo pista forestal durante decenas de quilómetros.
Antes de chegar á fonte de Fontáns xiramos á dereita para achegarnos á zona da chan de Ramil. A ascensión continua é máis doada que a consumada fai uns meses dende Gargallóns, que discorre á nosa dereita. Este é un territorio de xestas, pero as pistas están impecables. Case no alto da costa atopamo-nos con uns centos de botellas de cervexa e auga tiradas no camiño; Vacías por suposto, un espectáculo bochornoso.
Uns centenares de metros máis adiante divisámo-la silueta da caseta do outeiro Redondo, que coroa un monte de 538 metros. Como non podía ser doutro xeito, temos por costume visitar este tipo de construccións, esta resultou decepcionante pola pobre calidade arquitectónica, está feita de bloques e ladrillos, como curiosidade ten unha chimenea con campana de latón oxidado. O máis destacado do contorno son os cabalos e a beleza da paisaxe, pero aquí un parece estar lonxe de todo. Acádase unha vista xeral dos montes da comarca e mesmo a ría de Arousa.
Avanzamos un pouco máis e damos volta por unha pista paralela, rodeando o outeiro da xesta. Deste xeito chegamos de volta á zona de Ramil, así que atravesamos a estrada que vai a Amil e seguimos bordeando o Acibal por unha ruta algo máis baixa cá de fai un mes.
Despois de varios kilómetros de pista forestal acometemos un rápido descenso hacia Perdecanai, en Barro, coa intención de alcanzar o camiño de Santiago, cousa que fixemos despois de visitar a igrexa parroquial e descubrir parte dunha ruta de sendeirismo que hai que estudiar.
Chegamos a Pontevedra polo camixo xacobeo, coa coñecida variante de San Caetano, chegando a zona da ponte das Correntes, que proximamente entrará en funcionamento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario