LOUZÁN E AGUSTÍN HERNÁNDEZ INAUGURAN O DOMINGO O ABASTECEMENTO DE AUGA Ó POLÍGONO DE BARRO-MEIS QUE SUPUXO UNHA INVERSIÓN DE 3,3 MILLÓNS DE EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 20 de abril de 2012

LOUZÁN E AGUSTÍN HERNÁNDEZ INAUGURAN O DOMINGO O ABASTECEMENTO DE AUGA Ó POLÍGONO DE BARRO-MEIS QUE SUPUXO UNHA INVERSIÓN DE 3,3 MILLÓNS DE EUROS

O conselleiro de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugurarán o vindeiro domingo, 22 de abril, a obra de Abastecemento de auga ao conxunto industrial Barro-Meis. O traballo, que tivo un pressuposto de 3,3 millóns de euros, abrangueu tres actuacións diferenciadas: a captación, a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a Impulsión.

A captación realízouse no río Chaín ao seu paso pola parroquia de Briallos (Portas), concretamente nas inmediacións da actual captación de dita parroquia. Mediante un colector, a auga captada chega ao pozo de bombeo, onde é impulsada mediante 2 bombas sumerxidas cara a ETAP. O caudal captado é de 38,74 l/s e é impulsado asta unha altura de 18 m.c.a.

38,7 litros por segundo e 10 kilómetros

A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) está dimensionada para o tratamento dos 38,74 l/s captados (37 l/s para o conxunto industrial e 1,74 para a parroquia de Briallos). Esta ETAP disporá de 2 depósitos, un de 400 onde se almacenará a auga filtrada previa a súa impulsión ao conxunto industrial, e outro de 50 para o almacenamento das augas procedentes do lavado dos filtros.

A auga, unha vez tratada na ETAP, é trasladada ata o depósito de regulación mediante unha impulsión de lonxitude 9171 metros, salvando unha diferencia de cota de aproximadamente  168.20 metros. O material desta é fundición dúctil, e presenta un diámetro de 250 mm. O seu trazado discurre na sua totalidade por viais existentes dos concellos de Portas e Barro. Para a instalación da tubaxe de impulsión foron necesarios a excavación de 15.000m³ de material e 1000 Tm de Mezcla Bituminosa en Quente para a reposición do firme das vías polas que discorre a impulsión.
A obra é froito dun convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e Augas de Galicia.

No polígono de Barro-Meis _que  Louzán calificou de <centro estratéxico de traballo para un futuro próximo>_ están vendidas o 40% das súas parcelas. A superficie vendida ocupa un total de 85.198 metros cadrados. Están radicadas no conxunto industrial cinco empresas e a Deputación concede facilidades na compra de novas parcelas fraccionando o pago en cinco anos. O prezo de venda do chan industrial no polígono de Barro-Meis é de 147,5 euros por metro cadrado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario