O CENTRO DE TRANSFUSIÓN AGRADECE A COLABORACIÓN DOS 2.350 CIDADÁNS QUE PARTICIPARON NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NA SEMANA SANTA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 9 de abril de 2012

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN AGRADECE A COLABORACIÓN DOS 2.350 CIDADÁNS QUE PARTICIPARON NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NA SEMANA SANTA

·         O 5,7% das doazóns recollidas entre os días 30 de marzo e o 7 de abril, correspondéronse con persoas que doaban sangue por vez primeira  
 
Un total de 2.350 cidadáns participaron na campaña de doazón de sangue en Semana Santa que promoveu a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). As dez unidades móbiles do CTG visitaron, entre os días 30 de marzo e 7 de abril, ao redor de medio cento de concellos galegos para lograr manter estable a participación dos galegos e galegas nun período delicado, fundamentalmente, polo incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

O dato de participación da campaña de doazón en Semana Santa do CTG resulta especialmente salientable xa que acadou un incremento do 8,6% con respecto á mesma iniciativa desenvolvida no pasado 2011, ano no que se acadaron 2.164 doazóns de sangue.

As necesidades de compoñentes sanguíneos en Galicia sitúanse en torno as 500 doazóns de sangue diarias e non diminúen nos períodos vacacionais, xa que estas datas rexistran, ademais dun incremento das urxencias derivadas dos accidentes, unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Novos doadores
Grazas á participación aos estes 2.350 cidadáns, foi posible garantir o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos nosos centros sanitarios durante a Semana Santa. Especialmente salientable, resulta a participación de 134 cidadáns (o 5,7% do total de doazóns rexistradas), que efectuaban unha doazón de sangue por vez primeira, contribuíndo a incrementar a actual base de doadores de Galicia.

O CTG desexa amosar o seu recoñecemento a todos os cidadáns que participaron na campaña de doazón de sangue na Semana Santa, agradecemento que fai extensivo a todos os seus doadores e doadoras. Non obstante, o Centro de Transfusión de Galicia quere lembrar que todos os días do presente ano 2012, continuaremos precisando 500 doazóns de sangue diarias, unhas 10.000 doazóns mensuais, para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos centros hospitalarios.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario