A Deputación contrata a través do INEM 9 parados de Barro dentro do Plan de Cooperación e Emprego. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 17 de abril de 2012

A Deputación contrata a través do INEM 9 parados de Barro dentro do Plan de Cooperación e Emprego.

Esta iniciativa posibilitará que arredor de un milleiro de persoas traballen nos 62 concellos da provincia realizando labores de limpeza ambiental, de conservación e mantemento de infraestruturas, de reposición, recuperación e adecuación das praias etc

LOUZÁN ENTREGA OS CONTRATOS DE TRABALLO Ó PRIMEIRO TURNO DE OPERARIOS DO PLAN DE COOPERACIÓN E EMPREGO DA DEPUTACIÓN

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo hoxe unha xuntanza cos traballadores que perante un período de seis meses van a traballar dentro do Plan Provincial de Emprego 2012  da Deputación.  Concretamente, hoxe achegáronse ata o Pazo Provincial os traballadores do primeiro turno de contratacións incluídos neste plan  que posibilitará ocupación e emprego a preto de 1.000 desempregados.


Segundo informou Rafael Louzán, o Plan de Emprego ten unha dobre intencionalidade, por unha banda, cooperar cos  62 Concellos da Provincia na realización de labores de acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais, a conservación e mantemento de infraestruturas, a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais, así como outras funcións que os concellos teñan necesidade de cubrir durante eses meses. Por outra banda, esta iniciativa ten tamén por obxecto “contribuír á xeración de emprego, ó desenvolvemento económico”. 

Precisamente, ó remate da xuntanza, os traballadores recolleron os seus contratos. Estes foron dirixidos a persoas paradas e a súa selección realizouse a través das oficinas do servizo público de emprego, atendendo a criterios de mérito e capacidade. En principio a Deputación contratou a nove traballadores para cada un dos 62 municipios.

Perante a xuntanza, Rafael Louzán apelou á “implicación, colaboración e cumprimento das tarefas que vos encarguen os respectivos concellos”, tarefas todas elas “dedicadas a mellorar infraestruturas e calidade de vida dos cidadáns e a manter a nosa provincia coa pulcritude que merece de cara aos numerosos visitantes que recibimos”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario