O OMIX de Barro informa que a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha unha nova liña de subvención parcial para a obtención do carné de conducir, que vai acompañada dun curso complementario de responsabilidade na condución. Unha iniciativa que conta cun orzamento de 200.000 euros, que se repartirán en axudas de 200 euros para 1.000 mozos e mozas.
Mais información na OMIX de Barro:986714806 omix@barro.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario