Os días 21 e 22 de Abril, o
veciño de Barro, Manuel Parrado estivo correndo na máxima categoría do deporte
de orientación , na Liga Nacional de Orientacion, competindo con 700 corredores doutros trinta equipos de España e Francia;
Participou nas duas probas organizadas pola Federacion Española de Orientacion nas
localidades de Palacios de la Sierra e San Leonardo de Yague na comarca
soriana de Pinares.
O
sábado 21 dita participación foi un pouco máis floxa, xa que o nivel
era moi alto, con campeóns nacionais de Francia e España, e mellorou
bastante máis na xornada do domingo 22 de Abril.
Manuel
Parrado acadou un meritorio 31º posto na súa categoría de entre as 700 persoas participantes, e unha vez máis volveu a levar o
nome de Barro, polos paraxes de España e Europa como fai sempre que
participa en algún evento nacional ou internacional. Dende Voz de Barro, queremos felicitalo polos éxitos acadados e polos futuros, que seguro que terá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario