Para elo remitiu unha nota, na que pide que "participen todos os empresarios, hosteleiros, comercios e autónomos en xeral, que o desexsen."
O contido da nota remitida por Sanmartín do PSOE de Barro é o seguinte:
"Moi Srs. Nosos pola presente queremos informarlle da realización dunha xuntanza co fin de levar a cabo a formalización dunha asociación de comerciantes e empresarios local. Para este grupo de persoas que estamos a propoñer esta inicativa, gustaríanos contar coa vosa asistencia a dita reunión , que se celebrará na Biblioteca de Barro o dia dez de maio as 21.15 h.
Nesta charla estarán presentes varios expertos que nos guiarán o camiño, expoñendo os beneficios que dita asociación vai aportar o comercio en xeral." Entre eles citan a presencia de Marcos Asorey, Presidente da Federación de Comercio do Salnés.
José Sanmartín do PSOE, encabeza esta xestora, cun "grupo de empresarios e comerciantes", dos que non se citan nomes xa que "non queren de momento decilo, pero o importante do acto, vai ser a presencia de comerciantes e empresarios", como nos comunicou ó requerimento de información por parte nosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario