O PP de Pontevedra celebra a súa III Asemblea na Lanzada na que participa o PP de Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 21 de abril de 2012

O PP de Pontevedra celebra a súa III Asemblea na Lanzada na que participa o PP de Barro.

Uns setenta alcaldes e voceiros municipais da Provincia de Pontevedra reuníronse esta tarde no Centro de Vacacións da Lanzada no Grove, para celebrar a terceira asemblea interna do Partido a nivel provincial. Nesta ocasión os populares traballaron para coñecer de preto os problemas que son comúns a moitos dos concellos pontevedreses.
 
Nesta sesión o Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán fixo unha chamada á política de proximidade e de reforma das administracións locais por ser os entes que están máis preto do día a día da cidadanía. Recalcou tamén que a débeda que supoñen os Concello e Deputacións non chega ós 35.500 millóns, malia que o conxunto das administracións públicas supera ós 730.000 millóns de euros. 
 
Esta xornada de convivencia continuará mañá sábado cunha sesión á que se unirán o Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, os Conselleiros de Presidencia, Medio Ambiente e Economía, e varios directores xerais da Xunta de Galicia que pertencen á demarcacións dos populares nesta provincia. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario