Esta fin de seman temos o veciño de Barro, Manuel Parrado correndo na máxima categoría do deporte de orientación , na Liga Nacional de Orientacion, competindo con corredores doutros trinta equipos de España e Francia;
Constara de duas probas organizadas pola Federacion Española de Orientacion nas localidades de Palacios de la Sierra e San Leonardo de Yague na comarca soriana de Pinares;
Parrado competirá baixo as cores do club bilbaíno de C.O. Bidea co que esta disputando diversas probas pola xeografia nacional, Portugal e Francia.
Consultado con el, nos confirma que a sua participación en probas de calibre nacional e incluso internacional non remata aquí, posto que o próximo dezanove de maio participara na Serra de Aralar, en Navarra, nunha proba Rogaine de orientación de nada mais e nada menos que de 6 horas de duración.
Pediremoslle unas fotos, posto que como e de costume, leva as cores do noso concello ala donde vai, o cal xatemos visto co escudo no noso concello entre a sua equipaxe.
Moita sorte dende Voz de Barro, e estaremos atentos para roubarlle fotos do seu muro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario