Campamentos de traballo da Xunta. "Acción dVerán 2012". Máis info na OMIX de Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

miércoles, 18 de abril de 2012

Campamentos de traballo da Xunta. "Acción dVerán 2012". Máis info na OMIX de Barro.

Prazo reserva das prazas: comezará o día 25 de abril. As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado chamando aos teléfonos 981 544 838, 981 957 115 e 981 544 840. Tamén se poderán facer nos servizos de Xuventude e Voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Custo: campos de traballo en Galicia e no estranxeiro (72,00 €).
No resto de Comunidades Autónomas consultar prezos para cada Comunidade.
A cota inclúe:  gastos de manutención, aloxamento e mais os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico. A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario ou da voluntaria.

Nos campos de traballo de Galicia os voluntarios e as voluntarias que pertenzan a familias numerosas terán un desconto do 25% da cota, e os/as que posúan o carné xove dun 10%.

Existen algúns campos do Servizo do Voluntariado Internacional que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional deberá ser satisfeito á chegada ao campo.
Requisitos:

As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 11 de maio (inclusive).
As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 16 de maio (inclusive).

As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.

Mais información na: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Teléfonos: 981 544 838 – 981 544 840 - 981 957 115
Fax: 981 545 843

http://xuventude.xunta.es/201204167271/campos-de-traballo-convocatoria-aberta.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario