A Ruta Turística 4x4 de Barro, orgaizada polo clube local Traczion Cuatro, celebraráse o venres, día 6, polos montes de Barro (Monte Acibal), comenzará sobre as 9,30 horas, con saida do Bar Breixo, e durará ata a noite. Percorrerá montes como o Alto do Candán, o Acibal e zonas da Ría de Arousa dende as que poderán contemplarse distintas vistas das Rías Baixas.
O sábado terá lugar unha concentración de 4x4 no circuito de Barro, dende as 10 ata 13,30 horas, e das 17 ás 20 horas. Os catro clubes participantes _Chin Power 4x4, Venados, Remontes e o local Traczion Catro_ agrupan a 122 asociados, a mayoría dos cales participarán na proba que está patrocinada por Turismo Rías Baixas, a Deputación, a Xunta e o Concello de Barro.
Na devandita Rolda de Prensa foi presentada a Federación Galega de Vehículos Todoterreo que se constitueu o pasado día 30 de marzo en A Coruña. Está formada polos anteditos clubes e tén como presidente a Oswaldo Couto Ares, do clube Chin Power 4x4; vicepresidente, José Cabanas, do clube Venados; secretario, Manuel Doldán, do clube Remontes; e vocal, Roberto Santos García, do clube Traczion Cuatro, de Perdecanai-Barro.
A Federación Galega de Vehículos Todoterreo ten como fins agrupara a todos os clubes relacionados coas actividades de todoterreo, defender e vixiar o uso razoable do entorno natural e representar aos seus asociados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario