GALICIA NECESITA AUMENTAR AS RESERVAS DOS GRUPOS A POSITIVO, 0 POSITIVO E 0 NEGATIVO E CHAMA Á PARTICIPACIÓN DOS DOANTES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 8 de junio de 2023

GALICIA NECESITA AUMENTAR AS RESERVAS DOS GRUPOS A POSITIVO, 0 POSITIVO E 0 NEGATIVO E CHAMA Á PARTICIPACIÓN DOS DOANTES

- Cada día en Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos podan desenvolver o seu intenso labor asistencial 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial 

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede nos meses de verán, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue. 

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia. 

Facilitar a participación 

ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas: 

DATA CONCELLOS 

Xoves 8 de xuño Perlío (Fene), Cabana de Bergantiños, Coristanco, Ribadumia, Milladoiro (Ames) e Burela 

Venres 9 de xuño Praza de España (Ferrol), Cantón Obelisco (A Coruña), Cambre, Noia, Lalín, Rúa Príncipe (Vigo), Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Xinzo 

de Limia e Zona A Piringalla (Lugo)  

Sábado 10 de xuño Praza de España (Ferrol), O Burgo (Culleredo), Noia, Xinzo de Likmia e Iblesia de Jesucristo de los Santos de los Últimos Días (Vigo) 

Doar: moi sinxelo 

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. 

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. 

LUGAR HORARIO 

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) 

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) 

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE 

(Ferrol)  

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 

Luns de 15:00 a 22.00 horas 

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00h. Venres das 08:00 ás 22:00 horas 

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00h. 

LOCAL DE DOAZÓN DE ADOS Praza Paz Novoa nº3 (Ourense) 

Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas 

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas 

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario