-Os populares poden “entender” que se repita o pacto BNG-PSOE da lexislatura 2015-2019, pero aseguran que “non tería sentido que ese acordo para garantirse os sillóns tivera un maior custo para a cidadanía”
-O Partido Popular de Barro recalca que o salario e a Seguridade Social do alcalde na lexislatura que remata ascendeu a uns 184.000 euros “e entendemos que é unha contía que non pode aumentar porque só sería para contentar ao candidato socialista a costa de reducir os cartos para obras, servizos e investimentos para os veciños”
Barro, 10 Xuño 2023. O Partido Popular de Barro, ante o inicio das negociacións entre o BNG e o PSOE para formar un goberno de coalicación no municipio, quere esixirlle publicamente ao alcalde en funcións e candidato, Xosé Manuel Fernández Abraldes, –que é a quen lle corresponde liderar este proceso por ser a lista máis votada– que o custo do futuro bipartito non supere en salarios os 44.000 euros anuais que se gastaron na lexislatura que está a piques de rematar.
Ao respecto, os populares de Barro lembraron que o rexedor tivo un soldo duns 33.000 euros anuais aos que hai que engadirlle uns 11.000 euros máis de gastos de Seguridade Social e consideran que esta contía “é unha liña vermella que non se debe rebasar nas negociacións entre o BNG e o PSOE, xa que parecería que se están a mercar vontades e estabilidade a costa de perxudicar aos veciños, xa que o diñeiro que se incremente nos salarios vai en detrimento de obras, servizos e investimentos”.
Dende o PP de Barro aseguran “entender” que se repita un pacto entre BNG e PSOE, posto que os nacionalistas foron a lista máis votada e os socialistas “sempre lles fan de muleta cando se necesitan ao igual que sucede á inversa”. Ademais, lembraron que xa houbo un bipartito entre estes dous partidos na lexislatura 2015-2019 “que foi nefasto e por iso os veciños desbotárono á primeira, pero parece que queren repetir erros e, dado que lle dan os números, nos imos respectalo e incluso darlles un marxe de cortesía, pero ese pacto non pode producirse a costa dos petos dos veciños de Barro”.
“Non tería sentido que o acordo entre o BNG e o PSOE para garantirse os sillóns, que xurde das dúbidas do alcalde en funcións ante os movementos realizados polo candidato socialista para ver se tiña posibilidades de ser alcalde, teña un maior custo para a cidadanía”, explicaron dende o PP de Barro, que cifraron en 184.000 euros o custo do salario do alcalde –o único que houbo na anterior lexislatura– durante os catro anos de mandato e cren que a cifra tope que poden asumir as arcas municipais para non perxudicar aos veciños”.
Deste xeito, os populares indicaron que os 44.000 euros anuais, incluíndo a Seguridade Social, “é a contía máxima que aceptaremos en soldos e poden facer como queiran, darllos todos ao alcalde, todos a José Sanmartín ou repartilos entre os dous, pero que non fagan un conchabeo para vivir como marqueses a costa dos impostos e dos esforzos da xente de Barro”.
“Case 200.000 euros nunha lexislatura é unha cantidade que entendemos moi importante pero que podemos aceptar e entender. O que non tería sentido é incrementala ou incluso duplicala só para contentar ao candidato socialista, xa que iso reduciría obras, servizos e investimentos. Cremos que deberían estar falando dun goberno estable, de quen vai atender as concellerías, de cal é o seu proxecto común, pero danos a sensación de que están falando dos seus soldos e aí van a atopar sempre enfronte ao PP de Barro para defender aos veciños e que non esquilmen as arcas municipais coas súas nóminas”, concluiron os populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario