O presidente da Deputación, Rafael Louzán, valorou a posta en marcha dun circuíto de karts en Valga como unha “feliz iniciativa” que vai converter este concello “nunha referencia non só na provincia senón en Galicia” e que vai ser un elemento de dinamización e de empuxe económico para o concello e os arredores.
Louzán, que participou na inauguración deste kartódromo xunto co tenente de alcalde da localidade, Román Castro Castromán, e un dos responsables da empresa Hobbykart que xestiona a pista, José Antonio Muñoz Pereira, subliñou que estas instalacións, teñen éxito asegurado, dado o gran número de persoas que gustan facer uso destas pistas.
Rafael Louzán valorou a “conxunción de iniciativa privada e pública que, xunto coa colaboración da comunidade de montes, foi fundamental para sacar adiante estas instalacións”.
Neste sentido, desexou moito éxito á empresa responsable do circuíto porque, dixo “merece a pena que os que arriscan tamén trunfen”.
Este tipo de infraestruturas, dixo, son “moi demandadas” sobre todo pola mocidade, que reclama espazos nos que disfrutar dunha actividade lúdica e deportiva.
Unhas instalacións de 35.000 metros cadrados
A pista de karting, situada en Casal de Eirigo, na parroquia de Setecoros, construíuse nun antigo campo de fútbol, en terreos que foron cedidos ao concello pola Comunidade de Montes de Setecoros, algo que tamén quixo agradecer o presidente da Deputación.
A construción desta pista é unha iniciativa municipal para dinamizar económica e socialmente o municipio. O concello encargouse da redacción do proxecto e sacou a concurso a execución das obras e a xestión da pista, que foron asumidas por Hobbykart, cun investimento de 400.000 euros.
As instalacións ocupan unha superficie de 35.000 metros cadrados e contan con 350 metros de pista con 9 metros de ancho; 3 variantes, boxes cun acceso de 3,5 metros de ancho; cabina de crono; así como 35 karts para aluguer.
Ademais, inclúe servizos complementarios como cafetería, sala multimedia, talleres, almacén e aseos, entre outros.
No acto de inauguración, Rafael Louzán aproveitou para enviar unha mensaxe de ánimo ao alcalde, José María Bello Maneiro, que non puido participar no acto por motivos de saúde e a quen quixo felicitar, xunto con todo o seu equipo e coa Comunidade de Montes de Setecoros, por facer posible a posta en marcha destas instalacións, que van ser, sen dúbida, un éxito.
Nesta liña, o tenente de alcalde, Román Castro, indicou que Valga ve coa inauguración de hoxe cumprida “unha vella aspiración” e incidiu en que as instalacións non só van permitir aos afeccionados disfrutar dos karts, senón que poderán aproveitarse para outras probas de deportes de motor, ademais de para actividades de seguridade viaria en colaboración cos concellos da zona.
Nesta idea incidiu tamén Rafael Louzán, para quen é fundamental que existan instalacións nas que os condutores poidan aprender a dominar os vehículos en situacións difíciles e inesperadas.
Estreando a pista
Tras as intervencións do acto inaugural, o presidente da Deputación non dubidou en subirse a un dos karts para, xunto co tenente de alcalde e outra decena de participantes, estrear as pistas nunha carreira amistosa.
¿350 metros de pista en 35.000 metros cuadrados?, aqui hay algun fallo, o los responsables han dado mal las cifras, o el redactor se ha equivocado o solo han utilizado una parte muy pequeña del terreno para la construccion de la pista 350 de lago, por 9 de ancho salen 3.150 metros cuadrados de asfalto, ni siquiera un 10% del terreno. En una superficie asi se puede construir una pista de 1000 a 1200 metros de cuerda por nueve metros de ancho, dependiendo del trazado y dejando espacio mas que suficiente para el resto de las instalaciones complementarias
ResponderEliminarEs que creo que se equivocoó la pista tiene 800m
ResponderEliminar