En relación á nova _publicada por algún xornal e baseda nunha rolda de prensa ofrecida por unha deputada provincial do BNG_, de que <A Deputación de Pontevedra exclúe dos campamentos de A Lanzada a nenos con discapacidade>, a institución provicial quere facer públicas as seguintes consideracións:
1ª.- É rotundamente falso que a Deputación exclúa a nenos con discapacidade dos campamentos que celebra nas súas instalacións de A Lanzada. Só nos anos 2010, 2011 e 2012, asistiron 31 nenos con diversas e graves minusvalías de distinto tipo, como a propia deputada pode comprobar no servizo da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
2ª.- A Deputación ven realizando un esforzo simpar noutras institucións de similar rango en canto á atención a menores con todo tipo de transtornos e discapacidades.
3ª.- Sólo na Cidade Infantil Príncipe Felipe acollemos a 66 nenos de Educación Especial, así como a varios outros con transtornos psíquicos e físicos tanto dependentes da Xunta de Galicia como do noso Centro de Día. E neste centro, alóxase a Asociación Alba de atención a disminuidos.
4ª.- A Deputación de Pontevedra adica 12 millóns de euros anuais só en Príncipe Felipe para atención aos menos favorecidos. E o campamento de A Lanzada, que forma parte do centro Príncipe Felipe, é un exemplo de integración sen parangón en ningún outro campamento similar de Galicia e ainda de España.
5ª.- A maiores do antedito, a Deputación, a través do seu servizo de Atención Social, concede axudas e subvencións a todos os colectivos de atención a desfavorecidos da provincia.
6ª.- As bases da convocatoria dos campamentos de verán de A Lanzada falan de exclusión para menores sin capacidade para desenvolverse nas súas necesidades básicas diarias xa que están aloxados en tendas de campaña nas que dormen 5 nenos debido a que a naturaleza física do espazo onde se desenvolve o campamento é accidentada. Afectan, ademáis, a menores cuias minusvalías contraindiquen _por informe médico e debido á propia naturaleza do espazo_ a súa asistencia
7º.- Outros campamentos que se celebran en Galicia poñen tamén limitacións derivadas da naturaleza do espazo e das actividades que se desenvolven neles.
· O de Gandarío (A Coruña), ter capacidades compatibles coas actividades que se desenvolven e coas características da instalación e non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia
· O de Pontemaril (Pontevedra), ter boas condicións visuais, de movilidade e de psicomotricidade
· O de A Devesa (Lugo), non ter limitacións para a movilidade física
· E a propia Xunta de Galicia, tanto en etapas anteriores como na actual, ofrece dous tipos de campamentos: de integración, con 3 plazas para personas con discapacidade inferior ao 33%, que non teñan trastornos que poidan alterar a convivencia e que teñan capacidades compatibles coas actividades a realizar e coas características da instalación así como con autonomía personal para as actividades da vida diaria; e de turnos específicos, para quénes presenten discapacidades superiores ao 33%.
8ª.- A Deputación de Pontevedra nos campamentos de A Lanzada non pón ningún tipo de traba: a única é a que pón o sentido común e a actuación de nais e pais responsables.
9ª.- A Deputación entende a especial sensibilidade que algúns poidan ter con este tema, pero lamenta a frivolidade no tratamento dun asunto especialmente sensible para a institución provincial, e de especial atención e apoio pola súa parte, así como o intento de facer política con algo no que todos _a Deputación, a primeira_ debemos estar profundamente concienciados e comprometidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario