A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ CON PRETO DE 400.000 EUROS A CONTRATACIÓN DE 84 DESEMPREGADOS SEN PRESTACIÓNS DA COMARCA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 23 de abril de 2013

A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ CON PRETO DE 400.000 EUROS A CONTRATACIÓN DE 84 DESEMPREGADOS SEN PRESTACIÓNS DA COMARCA DE PONTEVEDRA


Por tratarse sobre todo de concellos rurais, un dos perfís máis demandado é o de peón forestal

· Conservación de vías e camiños, servizo de limpeza, mantemento de edificios e instalacións municipais, son algúns dos servizos que prestarán os novos contratados

O Plan de Emprego da Deputación Provincial permitirá que 84 desempregados sen ningún tipo de prestación de 7 concellos da comarca de Pontevedra atopen un traballo en diferentes servizos municipais.

O programa, que financia integramente a Administración Provincial, destinará 386.255,52 euros á contratación destas 84 persoas, que se dedicarán na maior parte dos casos a actuacións relacionadas coa conservación e ordenación de espazos naturais e forestais, traballos en obras públicas, mantemento de parques e xardíns e limpeza de vías e camiños. No conxunto da provincia, contratarase a 720 persoas, cun investimento superior os 3.310.000 euros.

Operarios por concellos

O persoal que se destinará a estes concellos -12 persoas por cada municipio- será financiado integramente pola Deputación provincial, aínda que este ano serán os concellos os que deban realizar a selección do persoal, que terá que facerse entre o listado de persoas desempregadas sen ningún tipo de prestación que remita o Servizo Público de Emprego.

Os concellos xa remitiron á Administración Provincial un listado das súas necesidades de persoal que, no caso do concello de Poio, se concreta en 4 peóns forestais, 4 peóns de obras públicas e 4 varredores.

En Vilaboa, solicítanse 12 peóns que se destinarán a servizos varios, ao igual que en Ponte Caldelas.

No caso de A Lama, contrataranse 6 peóns forestais, 3 varredores, 2 ordenanzas e 1 operario de maquinaria forestal. En Barro tamén se precisan 4 varredores, ademais de 4 operarios de conservación de parques e xardíns e outros 4 de mantemento de sumidoiros.

En Campo Lameiro a demanda é de 6 peóns de mantemento de espazos forestais, 3 peóns de conservación e mantemento de vías públicas, 2 peóns de mantemento de parques infantís e 1 peón para o mantemento da sinalización municipal.

Finalmente, Cotobade ten solicitado 9 peóns forestais, 2 de mantemento de edificios e 1 tractorista.

Dobre obxectivo

O obxectivo deste Plan de emprego é dobre: por un lado, permite que os concellos poidan atender servizos e obras que lle resultan prioritarios e, por outra banda, facilitalle o acceso a un emprego a 720 persoas que nestes momentos se atopan nunha situación moi complicada, ao estar desempregados e carecer de prestacións. 84 desas persoas serán da comarca de Pontevedra.

Os contratos formalizaranse antes do 1 de xuño, serán a tempo parcial e por un período de 6 meses, co que se estenderán ata finais de ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario