A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA HOXE UN PLAN DE EMPREGO QUE DARÁ OCUPACIÓN A 750 PERSONAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 5 de abril de 2013

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA HOXE UN PLAN DE EMPREGO QUE DARÁ OCUPACIÓN A 750 PERSONAS


A iniciativa ven a sumarse a outras, como o Plan de Práctica Laboral ao que optan 12.839 universitarios sin experiencia laboral previa


A Deputación de Pontevedra aprobará hoxe, na súa xunta de goberno, un Plan de Emprego que dará ocupación a 750 personas.

O plan tén por obxecto a contratación laboral de 750 operarios de servizos para os 62 concellos da provincia e insertase nas liñas de fomento de emprego que a institución provincial leva a cabo.

Estas liñas veñen a colaborar coas políticas activas de emprego da Xunta de Galicia e a favorecer a colectivos desfavorecidos en rexime de exclusión social, así como a prestar apoio e asistencia aos concellos na prestación de servizos esenciais para a comunidade.

O plan que mañá será aprobado súmase a outras iniciativas, xa en marcha, da Deputación de Pontevedra como a que vai contratar a 300 titulados universitarios sin experiencia laboral previa en áreas de conocimientos relacionados coa prestación de servizos en concellos, cooperativas e entidades sin ánimo de lucro, así como na propia Deputación Provincial.

A estas bolsas do Plan Práctica Laboral optan 12.839 universitarios que, na actualidade, están en pleno proceso de selección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario