Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas de participación, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
Dim lights
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
CAMPAMENTOS
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...)
Só tes que animarte a participar! Consulta a información:
- Condicións xerais (solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios)
- Campamentos en Galicia
- Campamentos fóra de Galicia
- Anexo I
- Consulta de solicitudes
- Resultas
- Anexos e documentación
- Orde de publicación no DOG
CAMPOS DE TRABALLO
- Campos de traballo en Galicia.
- Campos de traballo noutras comunidades autónomas.
- Campos de traballo no estranxeiro
ACTIVIDADES DE 18 A 35 ANOS
Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 35 anos.Descarga aquí a programación de actividades de 18 a 35 anos (programa completo, e separado por actividades)
Reserva de prazas e actividades
OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)
Descarga aquí a Orde de convocatoriaInformación xeral
No hay comentarios:
Publicar un comentario