O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CIFRA EN 2.000 DOAZÓNS DE SANGUE AS NECESIDADES DOS HOSPITAIS POR MOR DA FESTIVIDADE DO PRIMEIRO DE MAIO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 29 de abril de 2013

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CIFRA EN 2.000 DOAZÓNS DE SANGUE AS NECESIDADES DOS HOSPITAIS POR MOR DA FESTIVIDADE DO PRIMEIRO DE MAIO

·         Estas datas festivas coinciden cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico

A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas ao festivo do Primeiro de Maio en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. O obxectivo desta iniciativa do CTG pasa por acadar, entre o 29 de abril e o 4 de maio, un total de 2.000 doazóns de sangue que son as que precisarán os nosos centros sanitarios para poder desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.

Lamentablemente, as datas festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de hemoderivados por parte dos centros sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo da presente semana, preto de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Luns 29 de abril
Aranga, Calvo SA (Carballo), Miño, Sigüeiro (Oroso), Santa Comba, Bóveda, Pantón, Barrio da Cruz Alta e Zona Avenida Portugal (Ourense), Ribadumia e Barrio O Calvario e Rúa Príncipe (Vigo).
Martes 30 de abril
Cabana de Bergantiños, Camariñas, Praza de Armas (Ferrol), Muros, Xunta de Galicia-San Lázaro (Santiago), Chantada, Barrio Estación (Ourense), A Estrada, Baiona e O Rosal.
Xoves 2 de maio
Arteixo, Carballo, Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), Verín, Vilariño de Conso, Moaña, Zona Herrería (Pontevedra) e Zona As Travesas (Vigo).
Venres 3 de maio
Arteixo, Carballo, Cedeira, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Viveiro, A Merca, Taboadela, Verín, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña e Fremapo (Vigo).
Sábado 4 de maio
Parque de Santa Margarita (A Coruña), Ribeira, Viveiro, Cangas do Morrazo e Marín.
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Horario ata abril:
Luns das 8.00 a 22.00 horas/ Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas/ Venres das 15.00 ás 22.00 horas

Horario dende maio:
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Horario ata abril:
Luns e venres das 8.00 ás 15.00
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

Horario dende maio:
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario