A DEPUTACIÓN APROBA UN PLAN DE EMPREGO PARA 800 PERSONAS QUE NON PERCIBAN NINGUNHA PRESTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 6 de abril de 2013

A DEPUTACIÓN APROBA UN PLAN DE EMPREGO PARA 800 PERSONAS QUE NON PERCIBAN NINGUNHA PRESTACIÓN


Serán contratados 12 operarios en 60 concellos e percibirán 766 € mensuais perante 6 meses por unha xornada de 25 horas semanas

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe un Plan de Emprego que dará ocupación e traballo a 800 personas en 60 concellos da provincia perante 6 meses e a tempo parcial de 25 horas semanais. Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente Rafael Louzán, cada traballador percibirá unha retribución de 766 euros mensuais.

O plan irá especialmente dirixido á contratación de personas desempregadas non perceptoras de ningunha prestación e tamén ao fomento do emprego de personas desamparadas. O seu obxecto será prestar servizos de interés xeral e social nos concellos da provincia.

A Deputación inviste neste Plan de Emprego 4 millóns de euros. Dende hoxe mesmo, está a remitir a correspondente subvención a cada un dos 60 concellos menores de 50.000 habitantes para que poidan desenvolver esta iniciativa provincial.

Os servizos que terán que desenvolver os 800 peóns, operarios ou axudantes contratados, deben ser servizos prestados polos concellos en rexime de administración directa; que respondan a necesidades fundamentadas relativas a necesidades básicas da vida personal ou social dos cidadáns; precisos para o benestar dos veciños; e necesarios para asegurar o funcionamento regular do propio concello.

Louzán indicou que, a diferencia doutros anos, nesta ocasión a Deputación traslada a cantidade económica correspondente aos propios concellos e duplica o personal (pasa de 6 a 12 por concello) que será contratado.

Esta iniciativa de emprego e ocupación laboral da Deputación de Pontevedra ven a sumarse a outras que xa está a desenvolver e nas que, en total, inviste 9 millóns de euros.

Son elas, entre outras, o Plan de Práctica Laboral para promover a formación de 300 titulados universitarios sin experiencia laboral previa. A este plan de formación optan 12.839 universitarios que estes días están en pleno proceso de selección. Outras das iniciativas de emprego da institución provincial son o Programa de Cooperación, os cursos formativos remunerados para Coidadores de Maiores, o plan de limpeza de praias, etc.

A Deputación ven levando a cabo todos estes programas para prestar apoio e asistencia aos concellos na prestación de servizos esenciais para a comunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario