O certame terá lugar o vindeiro sábado, 27 de abril, no Centro
Social Novacaixagalicia
· Participarán once corais das comarcas
do Morrazo, do Deza, Tabeirós e Pontevedra
O Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra acollerá este sábado,
27 de abril, o II Festival de Habaneras que organiza a Deputación Provincial de
Pontevedra.
O certame, que terá lugar ás 17,00 horas e con entrada de balde, contará
coa participación de 11 corais das comarcas do Morrazo e de Pontevedra, que
interpretarán tres pezas do seu repertorio cada unha.
O II Festival de Habaneras celebrarase este ano en tres localidades da
provincia, coa participación de diferentes corais en cada un deles. Ademais do
de Pontevedra, xa se celebrou en Vilagarcía o pasado domingo 21, e Tui, a onde
chegará o 11 de maio.
Agrupacións participantes
No caso de Pontevedra, as corais que actuarán será o Coro Santa Eulalia de
Meira dirixido por Ángel Leite Santos; o Coro Chorima de Moaña que dirixe Rosa
María Cerviño Loira; a Coral Polifónica de Campo Lameiro con dirección de Sonia
Bouzada Pérez; o Coro Samertolameu, baixo a dirección de Manuel Ares García; o
Orfeón Parroquial Nosa Señora de Hoy-Vas de Vila de Cruces que dirixe Enrique
Viz Otero; a Coral Polifónica de Barro da que é directora Cristina Castro
Pintos; a Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, neste caso baixo a batuta
de Monserrat Arosa Villar; a Coral Polifónica Estradense dirixida por Javier
Comesaña Pereira; a Asociación Masa Coral Moañesa, con dirección de Manuel
Iglesias Martínez; a Coral Polifónica Marusía dirixida por Antonio Davila
Álvarez; e finalmente, a Coral Airiños de Campañó que dirixe Enrique Alberto
Martínez Rivero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario