PRETO DE 9.000 PERSOAS BENEFICARANSE ESTE ANO DE ESTADÍAS EN BALNEARIOS, NO MARCO DOS PROGRAMA COIDARTE E SAÚDE E BENESTAR - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

sábado, 27 de abril de 2013

PRETO DE 9.000 PERSOAS BENEFICARANSE ESTE ANO DE ESTADÍAS EN BALNEARIOS, NO MARCO DOS PROGRAMA COIDARTE E SAÚDE E BENESTAR


A Deputación provincial destina preto de 300.000 euros ao financiamento destas actividades

· Os programas están destinado a pensionistas, persoas de máis de 50 anos ou coidadores de dependentes que precisen de respiro familiar

A Deputación Provincial de Pontevedra pon en marcha, un ano máis, os Programa Diúrno de Balnearios Coidarte e Saúde e Benestar, segundo acordou a Xunta de Goberno na súa xuntanza desta mañá, na que se aprobaron as bases para a adxudicación destes programas que, nesta edición, beneficiará a preto de 9.000 persoas.

O obxectivo é facilitar que persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou coidadores de dependentes que precisan de respiro familiar poidan disfrutar duns días de descanso e lecer en balnearios, spa e talaso da provincia.

No caso do programa Coidarte, haberá un total de 5.528 prazas e ofertaranse cando menos catro balnearios que os beneficiarios poderán elixir en función das súas preferencias.


As bases do programa recollen que a Administración Provincial destinará para esta actividade un total de 193.500 euros, a razón de 35 euros por beneficiario. Pola súa banda, os concellos que decidan adherirse ao programa deberán subvencionar con outros 10 euros cada praza, co obxectivo de reducir ao máximo o prezo que abonen os beneficiarios, que será, como máximo, de 95 euros polos 5 días.

Coidarte 2013 permitirá que as persoas ás que vai destinado o plan poidan disfrutar de 5 tardes, de luns a venres, nun balneario, talaso ou spa da provincia a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte de ida e volta entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.

Saúde e Benestar

Pola súa banda, para o programa Saúde e Benestar convocaranse un total de 3.333 prazas co obxectivo de que as persoas que así o desexen poidan pasar 7 días e 6 noites en spas, balnearios ou talasos, en réxime de pensión completa, facilitándoselle tamén o traslado de ida e volta desde o concello no que residen ata o establecemento no que se hospeden. A Deputación Provincial destinará a este 100.000 euros.

Con estes dous programas preténdese fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores e con necesidades de respiro familiar, ao tempo que se contribúe á dinamización económica e ao mantemento do emprego en establecementos hoteleiros da provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario