Agasallo de publicacións con motivo do Día do Libro no Museo de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

lunes, 22 de abril de 2013

Agasallo de publicacións con motivo do Día do Libro no Museo de Pontevedra

Coincidindo coa celebración do Día do Libro, o martes 23 de abril, instaurado para conmemorar o aniversario do falecemento dos recoñecidos escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, acaecido no dito día de 1616, a Deputación de Pontevedra agasallará cunha das súas publicacións a cada unha das persoas que visite as instalacións do Museo.
Ofrecerá tamén outras en venda a un prezo máis reducido do que é habitual.
A entrega de libros terá lugar na zona de cristal do Sexto Edificio del Museo, entre as 18:00 e as 21:00 h.
Escena de El Quijote, nun prato da Terceira época de Sargadelos (1845-1862)

No hay comentarios:

Publicar un comentario