O alcalde de Barro acudirá o vindeiro 20 de Xuño a unhas xornadas na Deputación de Pontevedra sobre a nova Lei de Resíduos. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 1 de junio de 2012

O alcalde de Barro acudirá o vindeiro 20 de Xuño a unhas xornadas na Deputación de Pontevedra sobre a nova Lei de Resíduos.

A DEPUTACIÓN CELEBRARÁ O VINDEIRO 20 DE XUÑO UNHAS XORNADAS COS ALCALDES SOBRE OS CAMBIOS NA XESTIÓN DE RESIDUOS CON MOTIVO DA NOVA LEI

· A nova norma obriga a que, antes de 2015, haberá que separar os distintos materiais e prever a recollida de biorresiduos

· <Hai que mentalizarse de que hai que separar>, dixo

· Se se conseguise pasar do 7,5% actual de recollida selectiva ao 15%, os concellos aforrarían máis de 3 millóns de euros

· A provincia de Pontevedra xenera, só con Sogama, máis de 500.000 toneladas de residuos urbáns

A Deputación de Pontevedra orgaizará o vindeiro día 20 unhas Xornadas sobre os cambios na xestión de residuos previstos na nova Lei. Nelas, según informou hoxe Rafael Louzán en rolda de prensa, participarán os alcaldes da provincia, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o secretario da Comisión de MedioAmbiente da FEMP, Luis Mecati, o presidente de Sogama, Luis Lamas, e técnicos e representantes de empresas xestoras como Ecoembes, Ecovidrio e outras.

A nova lei, xa en vigor, pretende regular a xestión dos residuos con medidas que preveñan a súa xeneración, aminoren os impactos sobre a saúde e o Medio, e melloren a eficiencia no uso dos recursos.

<Queremos dar un novo e decisivo paso na xestión de residuos na provincia>, afirmou Louzán. Según explicou, a nova lei afectará notablemente aos produtores de residuos en canto que establecementos e empresas produtoras recibirán inspeccións periódicas; terán que remitir á Xunta un estudio de minimización e compromiso de reducir a producción de residuos; si xeneran máis de 1.000 Tm/ano, deben presentar comunicación previa ao inicio de actividades ante a Xunta; e deberán facerse cargo dos costes relativos á xestión de residuos e asegurar o seu axeitado tratamento.

Louzán destacou que, antes do 2015, será obrigado separar os distintos materiais (papel, plástico, vidrio e metáis) así como impulsar medidas da recollida de biorresiduos (de xardíns e parques, alimenticios, de cociña, restaurantes…) para a súa compostaxe e dixestión para producir biogás.

Outra das obrigas da nova lei será que, antes do 2020, haberá que separar, para a reutilización e reciclaxe, o 50% dos residuos domésticos e comerciais de papel, metal, vidrio, plástico, etc. e será obligatorio fixar un calendario de sustitución de bolsas de plástico de un solo uso biodegradable e artellar sistemas de depósito, devolución e retorno de envases

Louzán explicou que na Encomenda de Xestión que a Deputación está a preparar, para iniciarse o 1 de xaneiro próximo, o Consorcio Provincial de Recollida de Residuos <hai que mentalizarse todos de que hai que separar porque hai unha penalización grande por non facelo, polos chamados Impropios (papel, vidro, materia orgánica)>. Según él, no Consorcio Provincial, a Deputación tratará directamente con Ecoembes e Ecovidrio <pois non é o mesmo coste recoller en 1 que en 60 concellos>, afirmou.

Louzán destacou que, na actualidade, só con Sogama, a provincia de Pontevedra xenera en torno ás 500.000 toneladas de residuos urbáns. Delas, só 30.000 (7,5%) corresponden á recollida selectiva (Bolsa amarela, papel e vidro). <Si se conseguise duplicar a cifra (pasar do 7,5% ao 15%), os concellos aforrarían máis de 3 millóns de euros en concepto de canon de tratamento>, conclueu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario