Festa do viño pasada por auga. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 18 de junio de 2012

Festa do viño pasada por auga.

BARRO. Pasaban uns minutos das dúas da tarde cando a chuvia, que ata entón ameazaba en forma de nubarróns e orballo, empezou a descargar con forza sobre o recinto da Crega. No pazo que lle dá nome a esta finca de Barro degustaban pinchos e aperitivos o persoal da organización e autoridades como a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e o rexedor de Meis, José Luis Estévez, así como o primeiro edil anfitrión, José Antonio Landín.

Landín Eirín cumpriu co seu papel de achegarse ao escenario, onde estaba previsto entregar os premios, non só os destinados aos mellores colleiteiros e adegas presentados á XXXIII Festa do Viño de Barro e ao VII Certame de Viños DO Rías Baixas, senón tamén aos gañadores dos concursos de pinchos e de fotografía.
Non obstante, as pésimas condicións meteorolóxicas obrigaron a cambiar o guión preestablecido. O alcalde deu lectura ao nome dos galardoados, pero non se levou a cabo a entrega propiamente dita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario