CONSTITÚESE EN BARRO A ASOCIACION CULTURAL E DEPORTIVA TENIS "AS BALADAS" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 28 de junio de 2012

CONSTITÚESE EN BARRO A ASOCIACION CULTURAL E DEPORTIVA TENIS "AS BALADAS"

     §         Ten como obxectivo a promoción do tenis, e deporte xeral no Concello de Barro.


§         En dita asociación participa o mestre de tenis como vicepresidente da mesma.

§         Forman parte dela veciños afecionados ó tenis,e persoas comprometidas co mundo cultural e deportivo.

 En datas recentes ven de constituirse en Barro a "ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL “TENIS AS BALADAS” DE BARRO",  unna entidade sen ánimo de lucro, ao amparo do artigo 22 CE, que se rexirá por la Lei Orgánica 1/2002, que regula as asociacións.

Entre os obxectivos que se marca, veñen claramente definidos nos seus estatutos e que son

a) Fomentar o coñecimento e a práctica do deporte do Tenis no concello de Barro.

b) Crear hábitos saudables na poboación, que serán determinantes para unha

adecuada utilización do tempo libre ao longo da súa vida.

c) Promover o asociacionismo entre a poboación mediante a realización das

actividades, fomentando valores positivos como son o traballo en equipo, a

socialización e o respeto hacia os obxectos e persoas que nos rodean.

d) Calesquera outros que nun futuro se consideren necesarios, sempre que garden relación coas intencións desta asociación.

Os membros fundadores e que compoñen dita asociación son os seguintes:

JOAQUIN SOUTO GREGORIO actuará como PRESIDENTE. Veciño das Baladas, é un asíduo practicante deste deporte nas pistas municipais que lle dan nome á asociación. Por outra banda e como vicepresidente, a asociación contará co monitor e mestre de tenis JOAQUIN TORRADO VAELLO. Coñecido de todos pola súa implicación na iniciativa, e persoa con experiencia na ensinanza do tenis tanto en nenos coma adultos.

Xa nos cargos de xestión estarán JOSE MANUEL BRAVO BARROS que actuará como SECRETARIO e DAVID REY CARIDE figura como TESORERO.Ambos tamén persoas moi activas na práctica do tenis no concello.

Xa como vogais da asociación estarán, ALBERTO MAQUIEIRA VILLAR , FAUSTINO BATALLAN CONS, e JOHNNY GÜIMIL ALVAREZ. Alberto ó igual que todos os anteditos, é unha persoa activa e comprometida co deporte en xeral e co tenis en particular. Batallán, unha persoa veciña da parroquia e involucrada en diferentes ámbitos da política e cultura do concello, e xa por último o de todos coñecido Johnny, mestre de música e tamén mestre do grupo de Danzas Amor Ruibal, compoñente e voz do grupo Son das Tabernas e unha persoa moi implicada nas accións culturais do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario